22/10/2022
Plan pioneiro en Barbadás para a materia orgánica
Presentouse nunha carpa de información e divulgación do Plan de Xestión para a Materia Orgánica
BARBADÁS PON EN MARCHA UN PROXECTO PIONEIRO NA PROVINCIA DE OURENSE PARA A RECOLLIDA DO LIXO ORGÁNICO
Hoxe ao mediodía presentouse nunha carpa de información e divulgación o Plan de Xestión para a Materia Orgánica do Concello de Barbadás
- Unha carpa situada na glorieta da familia foi o punto de partida de un proxecto pioneiro na provincia de Ourense, a recollida e transporte de bioresiduos. A presentación da iniciativa tivo lugar este mediodía e interviron, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a tenente alcalde de concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza e o técnico de Medio Ambiente do proxecto, Manuel Pan.
- O rexedor de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, indicou que “o obxectivo desta convocatoria é presentarvos a campaña “Ti tes a chave”,unha campaña que promove a posta en marcha dun plan de xestión para a recollida da materia orgánica para a compostaxe no noso concello, así como a implantación do colector marrón que xa vistes antes e que será de aplicación en breve e que estará na rúa”.
- Este proxecto “está destinado agora mesmo a 700 familias que poderán participar na recollida separada de materia orgánica e para eso o concello adquiriu cubos aireados de 10 litros de capacidade e 100 atados de bolsas compostables, irá acompañado dun folleto explicativo e unha chave que será entregada a cada unha das persoas que queiran participar neste proxecto e unha campaña explicativa que se fará o longo do que queda deste ano e do ano que vén”, explicou Valcárcel.
- Para abrir o colector marrón “necesitaremos unha chave que permitirá abrilos e así conseguir un reducido número de impropios que nos permitirá despois trasladar esta materia orgánica dos colecctores e levala a unha planta de compostaxe”, detallou o rexedor.
- Esta acción “vai dirixida tamén ao rural e a aquelas familias que teñan unha parcela de superficie igual ou superior a 50 metros cadrados poderán solicitar un dos 150 composteiros individuais que están a disposición da cidadanía e recibirán as visitas dos mestres composteiros que llo montarán e explicarán como poñelo en funcionamento para así conseguir un compost de calidade que poderán aplicar o cabo dunha poucas semanas os seus propios cultivos e utilizalo como abono”, sinalou Xosé Carlos Valcárcel.
- As persoas que queiran darse de alta neste proxecto poderán facelo a través da páxina web do concello barbadas.es , nas oficinas municipais da Valenzá no 988 39 31 68 ou no Concello no 988 36 00 00.
- A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, entre os que se atopa a recollida de lixo, Victoria Morenza, apuntou que “para nós este proxecto é moi importante porque é pioneiro na provincia de Ourense. Con esta iniciativa preténdese sensibilizar á cidadanía das vantaxes de utilizar a fracción de materia orgánica e así o diminuír o contido total do lixo que xeramos melloramos a eficiencia económica do concello e o mesmo tempo diminuímos a cantidade de lixo que vai a Sogama”.
- Morenza explicou que “as persoas que desexen participar neste proxecto teñen que facelo constar deste xeito para adherirse, entregaránselle uns cubos, un lote de bolsas e a chave. Colocaranse 50 contedores marróns na Valenzá e elíxese este tipo de sistema porque son edificios nos que vive moita xente que pode participar e tamén reducir e, sobre todo, porque este sistema está pensado para zonas urbanas”.
- A entrega de composteiros no medio rural é unha iniciativa que xa iniciou o Concello de Barbadás hai 3 anos aproximadamente. Ata o momento xa se entregaron sobre 100 composteiros, unha entrega enmarcada nunha subvención do Ministerio de Medio Ambiente. Coa posta en marcha desta iniciativa de bioresiduos vanse entregar outros 150 composteiros. “Do que se trata é de incentivar no medio rural o tratamento da materia orgánica, evitando que vaia o contedor verde e deste xeito diminuír a cantidade de lixo, así como posibilitar o uso dos composteiros para a elaboración de abono”.
- O Plan de Xestión da Materia Orgánica de Barbadás abrangue tamén unha campaña de dinamización e de sensibilización que se realizará nos vindeiros meses en tanto que o sistema poñrase en marcha a principios do vindeiro ano. Nos orzamentos recollerase unha contía que corresponde á recollida e transporte da materia orgánica que se recolla aquí en Barbadás vaise levan a unha planta”.
- Na actualidade a Xunta non ten esta planta de tratamento e a planta máis próxima a Barbadás de estas característica é unha planta que está situada en Leiro.
- Morenza indicou que “está claro que nos o proxecto ímolo por en marcha o vindeiro ano e imos incluír unha cantidade nos orzamentos porque a posta en marcha deste proxecto require unha aportación municipal importante, sobre todo para a recollida e o transporte”..
- Valcárcel engadiu que “na páxina do concello hai un enlace no que se indica como se debe proceder ao tratamento de residuos por parte dos veciños e das veciñas a efectos de que teñamos unha calidade en canto a recollida de lixo mellor e que se apliquen as recomendacións que se fan do uso do cartón, do uso do contedor amarelo, do azul e do verde de forma correcta”.
- En Barbadás as porcentaxes de separación de residuos (un total de 523.515,38 quilos), a recollida selectiva do contedor amárelo supuxo un 32,44 %, o vidro un 31,24 %, os residuos voluminosos un 10,24 %, a roupa usada un 4,82 por cento, o aceite vexetal un 1,19 % e os tapóns solidarios un 0,15 %.
- A posta en funcionamento deste tipo de iniciativas “é unha cuestión máis ben ambiental e de concienciación da veciñanza. Son os obxectivos que se no esixe xa a Unión Europea dende hai anos”, indicou Manuel Pan.
- Pan engadiu que “hai unha normativa que vai entrar en vigor en breve por parte do Goberno Central que é de obrigado cumprimento e que a queremos por en marcha canto antes, eso axudaría precisamente a que haxa unha calidade de vida de máis calidade e que tamén teña finalidade medioambiental. Acaba de entrar en vigor en Abril a nova lei de residuos de España que obriga a que os concellos neste ano e no que vén podan implantar a recollida separada de residuos”.
Barbadás Quéreo Viveo, Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas