11/12/2018

Pleno infantil protagonizado polo alumnado de 6º de Primaria do colexio Ruxidoiro

AS MELLORAS NA ACCESIBILIDADE E A PREOCUPACIÓN POLO INCIVISMO SON ALGUNHAS DAS INQUEDANZAS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO RUXIDOIRO

Os/as escolares propuxeron no pleno infantil celebrado hoxe pola mañá amosaron nas súas propostas interese para que se habiliten aseos no patio do colexio ou se instalen toldos nalgunhas zonas do centro educativo

  • O alumnado de 6º de primaria amosou nas súas mocións a preocupación que existe pola mobilidade e seguridade viaria en varios puntos da Valenzá, como a subida á Valenzá Vella ou na rúa Porto do Río.

  • Outra moción que debateron foi a construcción de aseos no patio do colexio. A concelleira de Educación, Marga Pérez, anticipou que esa é unha competencia da Xunta e que xa está practicamente ultimada a construcción dos mesmos.

  • Tamén plantexaron os/as alumnos a cubrición con toldos na zona do areeiro de infantil e a zona de ventanas de varias aulas.

  • Outra moción que suscitou un amplio debate foi a construcción de un parque pechado para cando vai moito frío ou moito calor.

  • Esta iniciativa finalmente non foi apoiada por case nengún alumno porque o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que a funcionalidade dos parques é para combinar natureza e xogo, aínda que os/as escolares insistiron en cubrir as canchas da Solaina.

  • Plantexáronse melloras no colexio como a ampliación da biblioteca, dotar de teito a unha zona do patio e crear hortos escolares, unha iniciativa que xa se explicou que está en marcha.

  • Outra das propostas que se abordou foi o fomento do civismo na Valenzá para previr grafitis en zonas públicas ou en fachadas e incidiron os/as alumnos/as en que os/as donos de cans deben recoller os excrementos.

  • Tras un intenso pleno escolar o alumnado disfrutou de unha merenda saudable.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1685657410

SINGLE.1685657410