04/12/2018

Pleno infantil protagonizado por alumnos/as do Filomena Dato

INCENTIVAR O TRANSPORTE PÚBLICO, AMPLIAR AS PISCINAS OU CREAR UN CARRIL BICI SON PROPOSTAS PLANTEXADAS NO PLENO INFANTIL DE BARBADÁS

Escolares do colexio Filomena Dato protagonizaron un pleno infantil no Concello de Barbadás

  • 40 alumnos do colexio Filomena Dato plantexaron no pleno infantil celebrado hoxe unha serie de propostas para mellorar o concello de Barbadás.

 

  • A creación de un carril para bicicletas foi unha das inquedanzas plantexadas a través dunha moción.

 

  • Destacaron no argumentario que a creación de un carril para bicis é unha forma saudable de facer deporte e unha opción segura á hora de utilizar este medio de transporte.

 

  • Outra das mocións que debateron no pleno foi o arranxo do teito do Filomena Dato no patio cuberto e a busca dunha solución ante a sucidade que xeneran as pombas nesta zona de ocio.

 

  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que a Xunta está tratando de buscar solución ao tema do patio cuberto do colexio, en tanto que o carril-bici é complicado habilítalo, entre outras razóns, debido á orografía do terreo.

 

  • Os/as escolares de 6º de Primaria do colexio Filomena Dato abordaron tamén a necesidade de ampliar as actuais piscinas e construir unha instalación climatizada.

 

  • Todas as propostas foron aprobadas por unanimidade dos concelleiros “simbólicos”.

 

  • O alumnado amosou a preocupación que existe pola contaminación, motivo polo que propuxeron noutra moción que se incentive o transporte público, informando o alcalde que o Concello xa subvenciona bonos para o uso do bus.

 

  • No apartado de rogos e preguntas falouse do arranxo de baches nas vías, da creación de equipos de baloncesto e balonman, de construir un instituto, de habilitar un parquin público, de borrar os grafitis irrespectuosos, de cubrir as canchas da Solaina ou de mellorar a accesibilidade.

 

  • Ao finalizar a sesión plenaria protagonizada por nenos e nenas de 6º de Primaria, os e as concelleiros/as entregaron ao alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e á concelleira de Educación, Marga Pérez, un dosier.

 

  • Este dosier inclúe as respostas do alumnado ante preguntas como a de qué é o concello para eles, qué lles gusta de Barbadás, Qué é o que non lles gusta do municipio no que viven ou qué cambiarían na súa localidade.

 

  • Marga Pérez anunciou que este documento será analizado para extraer conclusións “e construir un Barbadás acorde cos plantexamentos realizados polos nenos e nenas que fixeron esta recopilación”.

 

  • Tralo pleno infantil os/as escolares disfrutaron de unha merenda saudable.

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1544383333

SINGLE.1544383333