14/08/2020

Praza de arquitecto técnico interino: listado de admitidos/as, constitución tribunal e data do primeiro exercicio.

Apróbase por Resolución de Alcaldía, o listado de admitidos/as e a constitución do tribunal avaliador para a cobertura dunha praza de arquitecto técnico no réxime de funcionario interino.

Así mesmo, convócase aos aspirantes a realización do primeiro exercicio o día 2 de setembro de 2020, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Barbadás, para o que se lles requerirá documentación identificativa.

Os aspirantes convocaranse en chamamento único, por orde alfabética,comezando pola Q, en virtude da RESOLUCIÓN de 24 de xaneiro de 2019, DOG 5 febreiro de 2019,pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 90 preguntas de resposta alternativa referido ás materias que se especifican no Temario Xeral do ANEXO I da convocatoria. Este exercicio valorarase sobre un máximo de 30 puntos, sendo obrigatorio obter un mínimo de 15 puntos parasuperalo.Haberá 10 preguntas de reserva e cada 3 preguntas mal descontarase unha ben.O tempo de realizaciónda proba será de hora e media.

 

Data Adxuntos
14/08/2020 Resolución de Alcaldía. PDF [487 KB]

Emprego público, Novas

CONTENT.1714051167

SINGLE.1714051167