12/12/2020
Preocupación en Barbadás polo vandalismo contra o mobiliario e a decoración navideña
A cidadanía e o goberno municipal amosan a súa preocupación ante o aumento de actos de incivismo.

PREOCUPACIÓN EN BARBADÁS POLOS SUCESIVOS ACTOS VANDÁLICOS CONTRA O MOBILIARIO PÚBLICO E O ALUMEADO DE NADAL
Dende o Concello de Barbadás, ademais de solicitar formalmente a intervención das forzas e corpos de seguridade, apela á colaboración cidadá para evitar estes actos vandálicos e incívicos contra os bens públicos.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel anticipou esta mañá que o subdelegado do Goberno de Ourense, Emilio González Afonso, anunciou que se abrirá unha investigación para esclarecer os feitos e localizar ás persoas autoras dos actos vandálicos.
- Os sucesivos actos vandálicos contra o mobiliario público e o alumeado de Nadal preocupan en Barbadás.
- A cidadanía e o goberno municipal de Barbadás amosan a súa preocupación ante o aumento de actos de incivismo.
- Dende hai semanas as luminarias do tramo entre o parque dos Patos e o polideportivo da Valenzá foron obxecto de actos vandálicos, producindo importantes danos.
- Estas luminarias foron arranxadas e substituidos os elementos danados e tan só uns días despois volveron ser obxecto de actos de incivismo e de novo na madrugada do 11 para o 12 de decembro volveu ocurrir.
- Tamén se produciron en diferentes días e esta pasada madrugada danos nas farolas do parque dos Patos.
- Durante a madrugada do venres 11 ao sábado 12 producironse danos en luminarias, sinais de tráfico, papeleiras, árbore do antigo centro médico, etc.
- Dende o Concello de Barbadás enviouse unha noticación á Subdelegación do Goberno e á Garda Civil para que se intensifique a vixiancia, segundo explica o alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel.
- O día 7 de decembro acendeuse en Barbadás a iluminación navideña e esa mesma noite o arco de Nadal situado na grande árbore adornada polo Concello e ubicada no cruce da avenida de Celanova coa rúa do Viso foi obxecto de actos vandálicos.
- O arco de Papá Noel foi tirado e danado, en tanto que o buzón que formaba parte desta decoración foi substraído, aparecendo uns metros máis adiante e recuperado pola policía local.
- Persoal do polideportivo da Valenzá restaurou este arco e volveu ser colocado no mesmo lugar. Traballadores da área de Deportes participaron activamente na decoración en diferentes lugares da vila da Valenzá para crear ambientación navideña a maiores da iluminación tradicional efectuada por unha empresa especializada: árbores, renos, arcos, adorno de árbores ao longo da avenida de Celanova e de 2 árbores no cruce da avenida coa rúa do Viso e no antigo centro médico.
- As persoas que produciron estes actos tamén tentaron destrozar as luces que adornan a gran árbore na noite do día 7 de decembro, en tanto que esta madrugada produciron destrozos na árbore navideña situada no antigo centro médico.
- Dende o Concello de Barbadás, ademais de solicitar formalmente a intervención das forzas e corpos de seguridade, apela á colaboración cidadá para evitar estes actos vandálicos e incívicos contra os bens públicos.
- O alcalde de Barbadás, lamenta “este gamberrismo puntual e reiterativo que non é propio do noso concello nin da vila da Valenzá, polo que solicitamos a colaboración da veciñanza para que avise á policía local ou á garda civil ante calquera anomalía que vexa”.
- Valcárcel anticipou esta mañá que o subdelegado do Goberno de Ourense, Emilio González Afonso, anunciou que se abrirá unha investigación para esclarecer os feitos e localizar ás persoas autoras dos actos vandálicos.
- Valcárcel destaca que “estas persoas están incumprindo o toque de queda porque teñen que estar nas súas casas ás 23,00 horas, ademais de cometer actos vandálicos, co cal van ser seguramente interceptados e detidos e van atoparse con todo o peso da lei en canto a sancións administrativas e as outras que correspondan.