19/05/2022
Presentación da 3ª edición da Cavernícola Race de Barbadás
O evento terá lugar o día 21 de maio.
BARBADÁS SERÁ ESCENARIO DA 3ª EDICIÓN DA CAVERNÍCOLA RACE O 21 DE MAIO
Deportistas de diferentes lugares do país acudirán para participar na carreira de obstáculos nun percorrido de 8 quilómetros
Promociónase o deporte en equipo e de colaboración
- Este mediodía tivo lugar a presentación da 3ª edición da Cavernícola Race de Barbadás, un evento deportivo no que a resistencia e os obstáculos serán os protagonistas.
No acto de presentación estiveron o alcalde, Xosé Carlos Valcácel, a tenente alcalde, Victoria Morenza, o concelleiro de Deportes e Mocidade, Abel Cortés, e Diego López, impulsor e coordinador do evento, que terá lugar o día 21 de maio.
- A primeira edición tivo lugar en 2018 e a celebración deste orixinal evento deportivo viuse suspendido durante 2 anos por mor da pandemia, explicou Victoria Morenza, tenente alcalde.
- Morenza destacou que trátase dunha “carreira senlleira e con moito éxito entre os/ as deportistas, precisamente polas dificultades que conleva o percorrido”. É un “itinerario moi interesante e entretido que transcorre por sitios complicados, á vez que fermosos, da contorna da Valenzá”, sinalou a tenente alcalde.
- Morenza trasladou os agradecementos a todos os/as colaboradores/as, ao persoal do campo de fútbol e do polideportivo, ás forzas de seguridade, a protección civil, a policía local e ao servizo de obras e xardíns.
- Diego López, que é o creador, impulsor e organizador do evento, comentou que “esta 3ª edición conta con máis de 30 obstáculos (de forza, de carga, zonas de río e terra, con inchables) e vai ser moi divertida e entretida.
- López indicou que trátase dun percorrido de 8 quilómetros, “onde os participantes van a traballar a forza, a pasalo moi ben e gozar do entorno e das probas que están preparadas”.
- O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recoñeceu “o traballo das persoas implicadas na organización deste evento”.
- “A carreira pasa por lugares moi sinalados do concello, moi bonitos, sobre todo o lugar de O Pisco que merece ser visto”, sinalou o rexedor.
- Trátase de unha proba tipo OCR e os resultados poderanse seguir en vivo mediante a App Saudeter, informou o alcalde, quen anunciou que “ao final do evento haberá sorteos, agasallos e premios. Transmitiu os agradecementos aos clubs colaboradores, colectivos e ao colexio CIFP A Farixa”.
- Abel Cortés, concelleiro de Deportes e Mocidade, reiterou os agradecementos aos traballadores/as do concello, voluntarios/as, colaboradores/as, patrocinadores e demais persoas implicadas.
- Cortés lembrou que “na primeira edición participaron 50 participantes, na segunda 140 e nesta rozamos os 300”.
- Os/as participantes veñen tanto de toda Galicia como de fóra. “A idea é seguir medrando, mellorando e aprendendo cada ano para que esta proba sexa cada vez máis escoitada e teña unha maior repercusión no ámbito deportivo”.
- Na Cavernícola Race de Barbadás “promocionase o deporte en equipo e de colaboración, onde pode participar toda persoa interesada”.
- Cortés incidiu no feito de que “se unha persoa non é capaz de superar un obstáculo por si mesma, pode ter axuda dos/as seus/súas compañeiros/as que saen na súa quenda, ou realizar unha proba alternativa como poden ser burpees, mover sacos, facer flexións e iso sería un equivalente a superar os obstáculos”.
- Os/as noso/as cavernícolas precisarán todo o apoio posible, da xente que veña a animar, para superar esta divertida pero exixente proba de obstáculos.
O vindeiro sábado 21 de maio, a partir das 16:00 h será o pistoletazo de saída que dará comezo a esta 3ª edición da CAVERNÍCOLA RACE DE BARBADÁS.
Fotografías de edicións anteriores.