26/04/2019
Presentación do Castro Trail: 5 de maio, Ruta Tangaraño
O CASTRO TRAIL DE BARBADÁS TERÁ NA 4ª EDICIÓN UN ITINERARIO CON MÁIS PERCORRIDO POR ZONA DE MONTE (RUTA DO TANGARAÑO)
Outra das novidades consistirá en que a meta se ubicará na Valenzá
- A cuarta edición do Castro Trail celebrarase o día 5 de maio e a saida e meta terá como ubicación o espazo situado a carón do campo de fútbol.
- Esta cita co deporte terá novidades, entre elas “o percorrido será totalmente novo, moito máis esixente e máis duro”, indica David Losada, da asociación Castro Trail.
- O novo itinerario “transcorrerá por zonas coñecidas e outras máis rebuscadas para darlle ao percorrido unha beleza incrible”, comenta Losada.
- A zona de saída e chegada será a carón do campo de fútbol dos Carrís, na Valenzá.
- Está prevista unha participación similar á de anos anteriores: ao redor de 500 persoas.
- Os/as corredores/as do Castro Trail coñecerán a Ruta do Tangaraño, pasarán por As Lamas, Parada, capela de San Bieito de Cova de Lobo e Santa Uxía para rematar na meta na Valenzá.
- As tres modalidades nas que poden inscribirse os/as interesados/as son trail 21 quilómetros, minitrail 11 quilómetros e andaina 11 quilómetros.
- David Losada informou que este ano haberá colchonetas hinchables para nenos e nenas que asistan á zona de meta con entrada libre. Esta actividade contará con monitores/as e está pensada non só para os pais e nais que participen no Castro Trail, senón tamén para os/as cativos que se acheguen ao evento.
- O organizador do evento, David Losada sinala que “haberá tamén música amenizada por un DJ, ademaís de pinchos, froita, bebida e moitas sorpresas máis”.
- O custo das inscricións serán de 15 euros para o trail longo, 12 euros o percorrido curto e 6 euros a andaina.
- A hora de saída para todos e todas os/as participantes será a mesma: as 9,00 horas do domingo día 5 de xuño.
- As inscricións poden efectuarse en Championchipnorte, na tenda de Runmaiak ou en Deportes Redonet. A data límite para a inscrición é o día 1 de maio.
- A organización do evento invita a todas as persoas que o desexen a participar no Castro Trail, ou ben animando aos/ás corredores/as polo itinerario no monte ou en liña de meta.
- Dende a organización destacan a colaboración do Concello de Barbadás co evento, fundamentalmente a Concellería de Deportes, Policía Local e Protección Civil.
- Haberá premios para os primeiros/as clasificados en absoluta, tamén premios por equipos e para os trail curto.
- O acto de presentación do Castro Trail tivo lugar hoxe venres ao mediodía. Estiveron Alberto Barreiros e David Gómez, da Nissan, patrocinador oficial do evento. Tamén estivo o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e 3 membros do clube: David Losada, Javier Fernández e Reyes Bóveda.
- Adrián Varela, concelleiro de Deportes, salientou que “nestas probas conflúen o componente deportivo e competitivo que se disputarán tanto no trail largo coma no curto, así coma o elemento lúdico e saudable para aquelas persoas que participen”.
- Varela afirma que “outro aspecto a destacar é o cambio no percorrido deseñado pola organización do evento porque vai permitir aos/ás participantes disfrutar da enorme beleza paisaxística do noso municipio”.
- Para Varela é importante que a climatoloxía “permita gozar de unha xornada que une deporte, saúde e turismo dentro do noso concello”, así como manter esta proba no calendario deportivo do Concello de Barbadás.