19/04/2022

Presentación do Certame literario de Piñor e da Semana do Libro en Barbadás

O CERTAME LITERARIO DE PIÑOR CONTA ESTE ANO COA COORGANIZACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS, QUE PROPUXO A CREACIÓN DE UNHA TERCEIRA CATEGORÍA ABERTA AO ALUMNADO DE PRIMARIA

 

CONCELLO E ASOCIACIÓN DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA PRETENDEN AFIANZAR A LINGUA E A CULTURA GALEGA PROMOCIONANDO A LITERATURA A TRAVÉS DESTES PREMIOS PARA NARRACIÓNS CURTAS

 

Ademais da presentación do certamen, abordouse a ampla programación do Concello de Barbadás para a Semana do Libro

 

Obradoiros, contacontos, promoción da lectura coa entrega de unha planta ao mercar un libro conforman as actividadades propostas

 

  • Barbadás aglutina ao longo da semana actividades relacionadas co Día do Libro, co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación e tamén entre o público infantil.

 

  • Esta mañá presentouse o Certame Literario de Piñor e a Semana do Libro de Barbadás coa presencia de Marga Pérez, concelleira de Cultura de Barbadás, Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, e Victoria Morenza, tenente alcalde.

 

  • Marga Pérez destacou que “coa volta á normalidade, estanse realizando actividades como préstamos de libros, obradoiros para os/as máis cativos/as con dous obxectivos: un que sexa un lugar de ocio onde se divirtan cos/coas seus/súas amigos/as ou familiares e outro no que se convirtan en grandes lectores/as”.

 

  • Con motivo do Día do Libro, que está fixado no 23 de abril, “toda a semana as librarías do concello terán descontos e agasallarán cunha pranta das floristerias, unha actividade enmarcada na dinamización do comercio local”, sinalou Marga Pérez.

 

  • Este ano tamén temos unha actividade baixo o lema “léoche un conto” que consiste en que nas librarias a diferentes horas habrá un contacontos para menos e nenas. Os puntos de lectura serán o mércores ás 18,30h na Libraría Carlin e ás 19,00 na Libraría Espa. O venres a cita coa lectura infantil será ás 18,30 na Libraría A Valenzá e ás 19,00 na Libraría Moraima.

 

  • No centro de saude tamén se entregou esta mañá un lote de libros para a sala de espera de pediatría, que por mor da pandemia non se puido realizar antes.

 

  • Outra das actividades englobadas na Semana do Libro está relacionada cos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal, que acudirán á biblioteca para coñecer as instalación e participar nun Obradoiro lúdico e didáctico.

 

 

  • O xoves, día 21 de abril, a Biblioteca Infantil e Xuvenil de Barbadás será escenario de outro Obradoiro, neste caso dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos baixo o título “O xogo literario”.

 

 

Certame literario

  • Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, presentou o Certame Literario de Piñor, que este ano celebra a XXV edición e está dirixido a todas as idades.

 

 

  • O Concello de Barbadás e a asociación presidida por Calviño organizan conxuntamente este evento literario.

 

  • Calviño lembrou que este certame foi idea de varios mozos e mozas do pobo de Piñor nos anos 90, uns anos difíciles no ambiente sociocultural. Con esta iniciativa propiciouse a potenciación da cultura, o deporte e as tradicións, pero, sobre todo,a literatura a esta parroquia do Concello de Barbadás.

 

  • “Esta promoción desenrolouse en dous ámbitos: a lectura, pola cal se creou unha sala de lectura no pobo de San Lourenzo de Piñor, e por outra banda, difundir e promocionar a nosa lingua mediante un certame literario”, explicou Xusto Calviño.

 

  • O prazo para presentar os relatos curtos remata o 27 de maio ás 14,00 horas. A entrega de premios culminará con una gala na que ademáis da recollida dos galardóns, haberá música.

 

 

  • Calviño comentou que “durante estas 25 edicións o certame foi collendo presenza, prestixio e consolidandose polo que o nivel das últimas edicións foi moi alto”.

 

  • Durante estas 25 edicións o certame foi gañando credibilidade, prestixio e presenza e eso nos leva a que sobre todo nas últimas edición haxa un elenco de gañadores verdadeiramente importante. Basta con que ollemos a listaxe de escritores e comprobemos que teñen unha talla literaria destacable e incluso algúns deles teñen sigo galardoados con outros premios literarios, incluso internacionais”

 

  • Calviño agradeceu “moito a implicación e colaboración do Concello de Barbadás no certame non só económicamente, senón tamén coorganizando e ambas entidades ímonos beneficiar desta colaboración, pero o que vai gañar vai ser o certame en si e vai pisar máis forte no eido da nosa cultura e da nosa lingua para dignificala”.

 

  • Persoas premiadas en anteriores edicións: Manuel Antonio Piñeiro, Pedro Nabeira Alberto Piñeiro, etc.

 

  • Establécense 3 categorías: para maiores de idade, para persoas entre 13 e 17 anos e a que foi proposta pola Concellería de Cultura para alumnado de Primaria.

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas

CONTENT.1714075913

SINGLE.1714075913