25/05/2022
Presentación do II Paseo da Saúde
O 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores.
O PASEO DA SAÚDE DE BARBADÁS REÚNE A 15 COLECTIVOS RELACIONADOS CON PATOLOXÍAS E ENFERMIDADES DIVERSAS
Obradoiros, charlas didácticas, unha masterclass de ioga e merenda saudable para os/as máis cativos conforman un programa de actividades que se desenrolarán previamente e o propio 3 de xuño
Protección Civil de Barbadás estará tamén para inculcar a importancia da prevención
- Este mediodía presentouse en Barbadás a segunda edición do Paseo da Saúde. No acto estiveron Victoria Morenza, tenente alcalde, Elisabet González, concelleira de Sanidade, Daniel Rey, responsable de Protección Civil de Barbadás.
- Á presentación acudiron representantes de diferentes colectivos relacionados co ámbito da saúde: Natalia Estévez, da Asociación de Mulleres con endometriose; Silvia Suárez, de Por eles TEA, Asociación Autista de Ourense; Rebeca Fernández , de ASEIA, Asociación para a saúde emocional na Infancia e na adolescencia; Leticia Bianchi, de Morea; Carmen Dorado, de Alcer, Asociación de Loita contra a enfermidade renal; Paz Gómez-del Valle, da Asociación Diabética Aurea; Susana Fernández, Audemper; Lucía Maceiras e Rosa Vieytes, de Autismo Ourense e Óscar Doval de Afaor, Asociación de enfermos de Alzheimer. Tamén estivo Chari Álvarez, de ACCU Ourense, da Asociación de Crhn e colite ulcerosa.
- Tamén participan no Paseo da Saúde colectivos como a Asociación española contra o cancro; Aodem, Asociación e Esclerose múltiple, parkinson e enfermidades raras; Asociación de Fibromialxia e fatiga crónica; Asociación de Crohn e colite ulcerosa; Asociación de Celíacos de Galicia; Renacer, Asociación de Dano cerebral; Asociación de Familiares e enfermos mentais, AFEM, Asociación de Familiares e enfermos mentais e Fundación Neuroburgas.
- Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, agradeceu a presenza das/os representantes dos colectivos vinculados á saúde para a presentación do II Paseo da Saúde, que terá lugar este venres día 3 de xuño en horario de mañá e tarde na Avda. de Celanova, preto da rotonda da familia,
- Morenza indicou que “nesta edición contaremos coa presenza de moitas asociacións relacionadas co ámbito da saúde da nosa provincia e cada unha delas dará a coñecer o traballo que realizan en relación á prevención e tratamento de diversas patoloxías e enfermidades”.
- O Paseo da Saúde ofrecerá información de interese para toda a cidadanía non só coa presenza dos diferentes colectivos que se ubicarán nas carpas que se instalarán na avenida de Celanova, na zona da rotonda da familia senón que tamén están previstas charlas formativas e obradoiros didácticos para coñecer o traballo destas asociacións, sinalou a tenente alcalde.
- Dende o Concello de Barbadás “temos claro que para promocionar a saúde hai que priorizar a prevención, por iso o lema desta edición é “PREVENCION É SAÚDE”, apuntou Morenza.
- O que se pretende con este Paseo da saúde é dar a coñecer o traballo tan fundamental, e tantas veces esquecido, destas asociacións, que traballan, non soamente para axudar aos enfermos e enfermas desas patoloxías, senón tamén “para orientar e apoiar ás súas familias, que en moitos casos este é un traballo fundamental: a nivel psicolóxico e profesional, a través de fisioterapia, do apoio de profesionais do traballo social, e así como a través da labor das persoas voluntarias que hai en cada unha das entidades e asociacións, que de xeito desinteresado fan un traballo silencioso pero moi necesario que serve de apoio para que as persoas que sofren esas patoloxías e enfermidades poidan manter unha vida, o máis normalizada posible”, destacou Morenza.
- Elisabet González Nistal, concelleira de Sanidade, informou que “tamén contaremos coa presenza da matrona do Sergas do centro de saúde de Barbadás, “quen se amosou interesada en acudir para informar a todas aquelas persoas que se acheguen para resolver dúbidas, ou para pedir información acerca da súa labor”.
- González Nistal comentou que “este ano como novidade están programadas diferentes actividades relacionadas ca saúde, como son: o día 3 ás, 19:00h, terá lugar no parque da Solaina unha masterclass de IOGA que estará aberta a todo ó publico e será impartida por unha monitora do Polideportivo do concello.
- Tamén o mesmo día 3 de xuño, de 17:30 a 18:30h haberá un obradoiro de merenda saudable dirixido a todos os nenos e nenas que queiran participar e terá lugar onde se ubica o Paseo da Saúde.
- Este ano, a segunda edición do Paseo pola saúde, abarca unha programación mais ampla que non se vai centrar nun so día, xa que a partires de mañá, levaranse a cabo unha serie de charlas informativas, impartidas por diferentes asociacións participantes:
- Maña día 25 de maio, ás 11:00h na casa da Mocidade, Aseia Galicia impartirá un taller de Saúde emocional.
- O día 26 de maio as 19:00h terá lugar na aula de actividades, sita na rúa do Ensino, un charla a cargo de Alcer
- O día 30 de maio ás 19:00h, a asociación Auria diabética, dará unha charla informativa na aula de actividades, tamén na rúa do Ensino.
- Afaor impartirá o día 31 de maio ás 17:30h, unha charla preventiva na aula de actividades, situada no rúa do ensino
- A Asociación de celíacos de Galicia, estará presente o día 1 de xuño, as 19:00h, na casa da Mocidade.
- E por último o día 2 de xuño ás 19:00h a asociación Querendo, de mulleres con endometriose, impartirá unha charla informativa relacionada con esta enfermidade, será aquí, neste mesmo lugar, na casa da mocidade
- A edil de Sanidade destacou que “imos contar coa presenza de Protección Civil de Barbadas, a todos os voluntarios e voluntarias aos que queremos hoxe recoñecer e agradecer publicamente a súa labor tan desinteresada”.
- O venres 3 de xuño a agrupación de voluntarios/as de Protección Civil estarán coa carpa que utilizan nos momentos de emerxencias e cos seus vehículos, para que os/as nenos e nenas dos colexios de Barbadas, poidan velos e participar nun obradoiro de primeiros auxilios e RCP que impartirán os propios voluntarios de protección civil e que non só van dirixidos aos nenos e nenas, senón que tamén poderán participar todas aquelas persoas que se queiran achegar.
- Este abano de demostración pretenden conformar “unha xornada de portas abertas, para dar a coñecer un pouco mais en profundidade a labor dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil.
- Así mesmo, vamos a contar coa presenza dunha UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA, para que todas as persoas que queiran ter o xesto altruísta de doar sangue, poidan acudir a esta unidade móbil, posto que é moi importante e necesario para salvar vidas ou tratar enfermidades.
- Daniel Rey, responsable de Protección Civil, indicou que “queremos visibilizar por unha parte a importancia do voluntariado que todos nós representamos”.
- Rey apuntou que “vimos dunha pandemia que nos ensinou moitísimas cousas que non coñeciamos e nese punto é cando se ve a importante de todas as actividades que se levaron a cabo no fomento de prevención e a saúde”.
- Con respecto ás actividades “que imos a levar a cabo, neste caso a máis importante é a capacidade de divulgación que se vai impartir en todas as asociacións, en concreto nós cos centros educativos nos cales vamos facer unhas charlas sobre as nosas actividades de prevención, e insisto nisto porque Protección Civil neste caso baséase na prevención. Por este motivo queremos transmitirlle aos/ás cativos/as e a asociación As Burgas que tamén participarán como novidade este ano esa cultura de prevención que vamos levar por todo o concello.
- “A prevención parte do ámbito doméstico, educativo ímola transmitir nunhas charlas cos rapaces do colexio en horario de mañá. O ano pasado consistiu nunha exhibición de vehículos e material que utilizamos, ademáis dunha charla de primeiros auxilios básicos e RCP para aprender os conceptos básicos que son imprescindibles, que deberían estar incluídas no currículo escolar como se fai noutros países” explicou Daniel Rey.
- Aparte disto, destinado tanto aos colexios como ao resto de xente, pola tarde haberá unha xornada de portas abertas sobre estas actividades.
- Finalmente o responsable de Protección Civil de Barbadás agradeceu ao Concello que se organicen este tipo de eventos que contribúen a dar visibilidade ás actividades do voluntariado e á que a sociedade lle dea importancia.
- Paz Gómez-del Valle, da Asociación Diabética Auria, afirmou falar “en nombre de todas las asociaciones, para mí es una gran satisfacción como portavoz de todas las asociaciones contar con un Concello como el de Barbadás que nos tiene en cuenta y sobre todo cuida mucho la prevención de enfermedades”.
“Desde el año pasado a este, se ha completado la jornada con los talleres, con personas participativas, 18 asociaciones, todos unidos en la calle dando visibilidad a todas nuestras patologías. Es de agradecer y estar encantados, nos ofrecemos a todo lo que necesiten y podamos hacer como asociaciones”, sinalou Gómez-del Valle.
- A representante de Auria Diabéticos comentou que agarda que “cunda el ejemplo en toda la contorna porque en Ourense teníamos unas jornadas fantásticas, y han desaparecido. No solo es bueno para nosotros, para conocernos, para saber que estamos ahí, hacer proyectos en conjunto, sino también la prevención, información y formación de nuestras patologías, y la única manera que tenemos de allegarnos a eso es estando en la calle, porque si no nos quedamos muy reducidos en nuestro núcleo, en nuestros asociados y dándonos oportunidades como ellos nos dan de salir a la calle y darnos a conocer como asociaciones y nuestras patologías”.
- E por último, e non por iso menos importante, González Nistal agradeceu a colaboración neste II Paseo da Saúde e o patrocinio das seguintes empresas locais: Helbagraf, Coarvi, Auromar, Jofisa, a Cova do Savio e Jofesa.