25/10/2025

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A MI LA DO”

Xoves 30 de outubro ás 19h. na Biblioteca Municipal

Presentación libro a mi la do - Barbadás

O próximo xoves 30 de outubro, ás 19h. faremos a presentación do libro “A MI LA DO” da autora Ana Rosa Pato.

Ana Rosa Pato (2000), coruñesa de nacemento e ourensá de adopción, debuta no panorama literario con “A mi la do”, unha recompilación de poemas escritos dende os 17 anos ata a actualidade, onde aúña as dúas paixóns ás que se adica: a música e a escritura.

Neles, a autora converte a linguaxe en melodía, invitando ao lector a deixarse levar polo ritmo de cada verso, máis alá da temática.
Para ela, “a música é poesía e a poesía é música”, e esta obra é un claro reflexo desta visión: íntima, honesta e profundamente sensorial.

Evento: Presentación de libro
Día: Xoves 30 de Outubro
Hora: Ás 19h.
Lugar: Biblioteca Municipal
Entrada: Libre

¡Participa neste evento e disfruta da poesía!

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1768361944

SINGLE.1768361944