09/04/2022
Presentación do libro “El rastro del verano” de David González Couso
Presentación celebrada o venres, 8 de abril, no Ateneo de Ourense
Carmen Martín Gaite volta a Piñor da man do investigador David González Couso e da súa amiga en vida Enma Martinell
Por parte do Concello de Barbadás, asistiron ao evento, a Concelleira de Igualdade, Elisabet González e a Tenenta de Alcalde, Victoria Morenza.
- O centro cultural Marcos Valcárcel acolleu o acto de presentación do libro “El rastro del último verano” arredor dos lugares, obxectos e nomes da literatura de Carmen Martín Gaite, organizado polo Ateneo de Ourense e introducido polo catedrático de Historia da Arte Carlos Fernández Pérez. O libro foi presentado polo seu autor, profesor e investigador David González Couso e pola autora do seu prólogo, a profesora de Universidade de Barcelona, Enma Martinell Gifre.
- A través de videoconferencia, Martinell explicou que trala morte da súa amiga Carmen Martín Gaite, ela apartouse do núcleo de persoas que analizaban e estudaban a súa polifacética obra pero prologou “con gusto” o libro do profesor e investigador González Couso, en 2020, porque a escritora finada no ano 2000 “es narradora incombustible y David es la magia en la que curiosos y amigos hallamos una permanente actualización bibliográfica”.
- Nese sentido, salientou a importancia dese traballo investigador, plasmado en varios libros, porque supón “dedicar esfuerzo y un excelente nivel investigador” para definir o que Galiza deixou na obra de Martín Gaite. Así o fixo González Couso nunha biografía literaria publicada na revista “Espéculo”, no libro “Los perfiles gallegos de CMG” e a adicada aos antepasados galegos da escritora. Martinell concluíu que non é tarefa fácil o traballo feito polo profesor ourensán.
- “Supone un contacto con los lugares, un conocimiento topográfico solo posible para alguien que vive cerca y tiene curiosidad, esfuerzo y disposición para llegar a ese conocimiento, porque las evocaciones en los textos de Carmen son localizables, pero no de una forma sencilla, y David lo consigue”, engadiu.
- Para ese acercamento de González Couso á obra de Carmen Martín Gaite, segundo Martinell, foi necesario “vaciar” obras non tan destacadas da autora, que tamén escribíu poesía, artigos xornalísticos, artigos de crítica literaria, as conferencias en “Pido la palabra” en 2001, “Cuadernos de todo” en 2003 e recopilacións póstumas dos seus textos.
Turismo cultural en Barbadás, Ourense e Madrid
- “David es el único que lo hace y de modo brillante”, continou e aludiu a todo o seu traballo como fonte para os itinerarios literarios que o autor propón no libro “El rastro del verano”, con percorridos concretos por lugares y espazos de Barbadás (en San Lourenzo de Piñor), Ourense e Madrid, entre outros lugares.
- “Hay un turismo cultural y literario para hacer en grupo o de forma individual, elaborado por expertos y que permite a las personas curiosas caminar viendo y conociendo espacios de hechos reales evocados en la literatura”, como os espazos literarios da autora danesa Karen Blixen que son agora “lugares de peregrinación, incluyendo su casa”. Martinell dixo que a obra de González Couso “ofrece una perspectiva de aplicación genial para este ámbito turístico”.
- Tras escoitar os parabéns de Martinell, o autor do libro de investigación agradeceu as colaboracións que tivo para gráficos, mapas e imaxes do libro como a do ourensán Xosé Poldras, a ilustradora Andrea Reyes e as fotografías e explicacións de Amado Perille. Tamén agradeceu a “ilusión e implicación emocional, institucional e económica” do concello de Barbadás e expresou o seu desexo de ver “materializada en breve a ruta na que se poderá ver in situ todo o que se conta neste libro”, cando faltan tres anos para o centenario do nacemento da escritora.
- González Couso descubriu a presenza de Piñor en toda a obra de Martín Gaite a partir da lectura de “Las ataduras” de 1959, “Las retahílas” de 1974 e “El pastel del diablo” de 1985, que corresponden a diferentes etapas vitais da escritora, galardonada con numerosos premios como o Príncipe de Asturias e o Nacional de Literatura, entre outros moitos.
- As referencias de San Lourenzo de Piñor (onde a escritora pasou todos os veráns de infancia e xuventude) nas obras de Martín Gaite “non son só curiosidades” senón que son protagonistas dos textos, segundo o investigador.
- Piñor trocou en lugar literario coa obra da escritora, como ocorreu con Oviedo, a Vetusta de “La regenta” Leopoldo Alas Clarín ou coa cidade de Ourense que é a “Auria” de Eduardo Blanco Amor, según explicou o investigador.
- Presentou o seu libro como un “conxunto de retallos” que son anacos de referencias literarias arredor de parentescos e ataduras, casas e lugares e finalmente o mundo femenino nos escritos da autora salmantina.
Familia e lugares de Martín Gaite
- A familia ourensá da escritora, repartida entre Allariz, Ourense e San Lourenzo de Piñor (Barbadás) deixou rastro na súa vida e obra pois, segundo detallou o investigador, a primeira persoa Gaite ourensá que descubriu foi o bisavó coruñés Joaquín Gaite Núñez, casado coa ourensá Sofía Lloves García a comezos do século XIX. El foi fundador do Instituto de Ourense (antecedente nos xardíns do Padre Feijóo, do actual IES Otero Pedrayo) e fundador do xornal “El orensano” de información xeral.
- O avó da escritora foi Francisco Javier Gaite Lloves, homenaxeado en Piñor cunha placa de 1932 na fonte da aldea polo seu activismo contra o excesivo cobro de taxas aos labregos.
- Carmen Martín Gaite non coñeceu ao seu avó pero falou del: “en las fotos tiene buena pinta, con ojos inteligentes y de él me vendrá el aire bohemio moderado”, segundo lembrou González Couso.
- O tío avó da escritora, irmán de Francisco Javier, foi Antonio Gaite, fundador do xornal “La tertulia” e do primeiro Ateneo de Ourense en 1914 “e por alí andiveron despois Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo”, engadiu. O seu espírito científico levouno a experimentar un sistema de alumeado público para a cidade que resultou fallido.
- A escritora referiuse ao seu pai, tras falecer en 1978, como “hombre abnegado y tenaz” e a nai María Gaite como “esa madre que parecía que no me estaba enseñando nada” e da que falou nas súas obras porque, segundo dicía a escritora, “ponerse a contar es como ponerse a coser, con paciencia siempre, sea para vainicas o para recuerdos”.
- En difererentes obras, prólogos e conferencias, a escritora lembrou a súa vida na casa de San Lourenzo de Piñor, na que a súa nai cosía diante dunha fiestra orientada cara o solpor, momento no que a vía evadirse e “de tanto mirarla y envidiarla, aprendí, no sé cómo, a fugarme yo también”, en palabras da escritora.
- Das casas e lugares estudados por González Couso nas obras da escritora, salientou o pazo de Lemos (en San Lourenzo de Piñor), as penas de Ousande e “innumerables en todas as súas obras” o que levou á propia Martín Gaite a sinalar en conferencias e artigos: “tengo la impresión de que Galicia está dispersa en toda mi obra”.
Ruta en Barbadás
- O libro presentado polo seu autor inclúe detalladamente, os retallos explicados detalladamente na presentación, e roteiros detallados que, segundo dixo, llevarían un día para o seu percorrido completo co tempo de xantar incluído.
- Comezou a elaboralo tras as súas conversas con Perille, como un triángulo entre Ousende, o monte Ervedelo e o monte da Ladaína, que conforman os espazos polos que San Lourenzo de Piñor é o “balcón de Ourense”, tal como o definiu a propia Martín Gaite.
- Referíuse tamén o terceiro retallo, como o “mundo femenino” da escritora que se referiu á “independencia de las aldeanas gallegas” en contraste co que ela considerou “sumisión a la norma” en sus otros lugares de residencia en Salamanca y Madrid.
- As protagonistas das súas obras, e en todas as novelas, segundo analizou González Couso, son sempre mulleres. Tamén por iso, o seu libro inclúe unidades didácticas que poden utilizarse de guías en centros escolares para traballos literarios con elementos transversais, e para os clubes de lectura, que proliferan en diferentes eidos escolares.
- No remate do acto, o investigador respondeu a preguntas do público e reivindicou, a partires dunha delas, unha maior presencia de Martín Gaite nos temarios actuais de institutos e probas de selección académica. Avogou por retomar o coñecemento arredor da “Generación del Medio Siglo”, esa dos anos 50 da que eran parte Martín Gaite, o seu esposo Sánchez Ferlosio, Aldecoa, Josefina Rodríguez, Ana María Matute, Fernández Santos e outros.
Datos de interese:
- David González Couso, profesor e investigador, publicou numerosos libros sobre Martín Gaite. O último, El rastro del verano (2020), propón itinerarios turísticos e didácticos desde a súa obra literaria.
- Escribiu antes artigos en revistas especializadas e participou no documental para TVE sobre a autora La Reina de las Nieves (2021). Tamén traballou noutros ámbitos como a edición e a tradución. É colaborador do proxecto BIESES e ten impartido seminarios sobre autoras clásicas.
- Blogue literario do autor https://alasdelibelula.jimdofree.com/