02/11/2022

Presentación do Obradoiro dual de emprego Taboadela, Toén, San Cibrao e Barbadás

O acto tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás

BARBADÁS, TOÉN TABOALELA E SAN CIBRAO PRESENTARON O OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

Os rexedores destacaron a colaboración institucional entre os concellos e a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o emprego e a inserción laboral

O Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás foi o escenario no que se presentou esta mañá o Obradoiro dual de Emprego dos Concellos de Barbadás, Taboadela, Toén e San Cibrao.

  • O inicio do obradoiro contou coa presenza dos alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Toén, Ricardo González e Taboadela, Alvaro Vila. O rexedor de San Cibrao, Pedro Fernández, non puido acudir por cuestións de axenda.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que “é unha oportunidade para a inserción no mundo laboral de todo o alumnado que participa nos obradoiros, dado que son dúas especialidades que teñen unha elevada demanda”.
  • Valcárcel fixo un “especial agradecemento os concellos de San Cibrao das Viña, Taboadela e Toén pola colaboración de poder levar a cabo un obradoiro entre catro administracións locais de distinto sino político, o cal demostra que os concellos traballan máis ala das ideoloxías”.
  • O Obradoiro dual de emprego contará con 1 director/a, 2 docentes e 1 administrativo e un profesor de educación básica.
  • Respecto ao alumnado, serán 20 os participantes contando cada obradoiro con 10 alumnos e repartidos entre os catro concello da seguinte maneira. Barbadás aporta 12 alumnos, Taboadela 4 e Toén e San Cibrao das Viñas 2 alumno por concello.
  • O obradoiro abrangue dous ámbitos didácticos:    
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes cunha duración total de 270 horas.
  • Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización cunha duración total de 340 horas.
  • Valcárcel detallou que mediante as obras preténdese acondicionar unha serie de camiños de gran valor natural e paisaxístico, así como os elementos patrimoniais asociados a estas vías rurais, co obxectivo de recuperar estes espazos para uso e goce dos veciños e de potenciar o paisaxe dándolle un complemento de beleza a lugares representativos”.
  • Ademais, estas actuacións incorporaríanse aos diferentes plans e estratexias municipais para facer fronte ao risco de incendios forestais. A limpeza e supresión da biomasa nos camiños diminuiría o risco de propagación e facilitaría os labores de extinción.

 

  • O alcalde de Toén, Ricardo González, deu a benvida ao alumnado a este segundo obradoiro de emprego. É é un pracer e unha honra, tamén unha responsabilidade poder colaborar con estas oportunidades de formación, de especialización e aportar oportunidades laborais a persoas coma vos que tendes interese en mellorar o voso currículo profesional e coller unha profesión tan demandada como dicía o alcalde hai uns minutos, como son os traballos de albanelería e finalización de cubertas ou traballos forestais”.
  • González agradeceu ao Concello de Barbadás “por levar todo o peso administrativo da xestión e coordinación deste obradoiro, e particularmente ademais do alcalde, á tenente alcalde, Victoria Morenza”. Agradeceu tamén á Xunta de Galicia “os recursos que pon enriba da mesa para que este obradoiro funcione con vinte alumnos durante un ano e que podades saír cunha formación suficiente e necesaria e sen presa para abordar as necesidades dos dous obradoiros individualmente”.
  • Por último, o rexedor de Toén destacou  “a colaboración entre concellos, é imprescindible polo custo que teñen estar formacións poder colaborar entre concellos e o final o que nos une é a poboación, son os veciños e son as oportunidades laborais que temos que potenciar e temos que traballar neste sentido sen mirar individualidades nin mostrar diferencias, senón todo o que nos une que o final é o servizo á cidadanía”.

.

  • En canto a Toén, “imos traballar no remate e na mellora dunha cuberta dunha instalación pública que agora mesmo ten algunhas deficiencias e tamén vamos a traballar no aspecto de mellora e desbroce de camiños que como sabedes somos un concello rural e temos varias rutas de sendeirismo e moitos camiños públicos, xa que temos 54 km2 de territorio e aí vamos a traballar tamén arreo para que entendades e poidades poñer en valor a formación tamén no ámbito da mellora forestal”, indicou Ricardo González.
  • Finalmente desexou ao alumnado e equipo coordinador “un ano de formación e de traballo práctico-teórico moi produtivo, que saiades moi fortes, que non haxa baixas durante o curso porque creo que esta formación e a titulación que ides a ter, creo que merece moito a pena para a saída laboral, así que moitos éxitos a todos e benvidos a este obradoiro”.
  • O alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, destacou que “este obradoiro é unha colaboración entre catro concellos con plena sintonía para levar a cabo un investimento moi importante, neste caso da Xunta de Galicia, e quixera resaltar dúas cousas, con respecto o obradoiro que tivemos fai dous anos, este ano ten unha duración superior, antes eran nove meses, agora é un ano e tamén dicir que o collades con forza e con aproveitamento”.
  • No caso do concello de Taboadela, “a xente que participou no programa de hai dous anos, houbo unha importante inserción laboral da xente que participou, incluso un deles agora está traballando no concello. Non desaproveitedes a finalidade que ten que é en definitiva a inserción laboral”.
  • “No concello de Taboadela seguimos apostando dende o primeiro día que empezamos que foi para a recuperación do patrimonio hidrográfico e aí vamos a enfocar as actuacións, concretamente en dúas fontes e lavadoiros que temos o longo do concello que son o de Santa Leocaia, o de Palacio e o de Barrio e mellorar as rutas de sendeirismo e camiños rurais, recuperamos unha moi importante de camiños e seguimos apostando pola recuperación e a posta en valor dos camiños rurais
  • Finalmente deu os parabéns a todos/as seleccionados/as e invitounos e iniciar a nova senda formativa con ganas e pensade que a valoración dos monitores vai a ser importante para a hora de inserción laboral tanto en empresas como nos concellos correspondentes
  • Actuacións no Concello de Barbadás

Módulo albanelería:

Traballos de acondicionamento, conservación, mantemento e rehabilitación do lavadoiro público situado no lugar de As Quintas (rúa Roble). As obras teñen un marcado carácter de obra menor, e non perseguen un cambio de uso nin unha alteración estrutural da construción, senón máis ben preténdese a súa rehabilitación que, en ningún caso, será de carácter integral. Dentro do contexto da actuación, e en canto o conxunto que se desexa restaurar, podemos sinalar o lavadoiro e a súa canle de entrado como os elementos reseñables a preservar, propoñendo como obxectivo principal realizar un desmonte e retirada da cuberta de fibrocemento existente, incluíndo os piares metálicos, recuperando así a imaxe vernácula do lavadoiro de pedra e instalando unha nova cuberta de tella.

Módulo forestal:

Labores forestais de acondicionamento e mantemento de camiños que forman parte de roteiros de sendeirismo (e outras) sen modificar o estado natural do terreo.

  • Actuacións no Concello de San Cibrao das Viñas: 

Módulo forestal:

Labores forestais de limpeza e mantemento da accesibilidade de varios camiños de titularidade municipal na parroquia de Soutopenedo.

Os traballos resúmense en:

– Roza da vexetación adventicia.

– Retirada dos residuos xerados ao lugar indicado polo Concello de San Cibrao das Viñas.

  • Actuacións no Concello de Taboadela:

Módulo albanelería:

Labores de acondicionamento de varios elementos do mobiliario urbano que forman parte do Patrimonio municipal. En concreto, a actuación proposta pretende favorecer a conservación e mantemento de tres fontes e lavadoiros públicos, en sintonía co obxectivo de poñer en valor os bens públicos catalogados de propiedade municipal e tendo en conta que se sitúan na contorna urbana de núcleos rurais de poboación.

– Lavadoiro de Santa Locaia en el núcleo rural de Santa Locaia

– Fonte do Pazo de Saturnino Soutomaior en el núcleo rural de Palacio

– Fonte e lavadoiro de Barrio en el núcleo rural de O Barrio

Módulo forestal:

Labores forestais de limpeza e desbroce de tres camiños de titularidade municipal.

  • Actuacións no Concello de Toén

Módulo albanelería:

Labores de reparación e mantemento da cuberta do edificio da piscina municipal.

A cuberta do edificio presenta problemas no tellado de tella cerámica, consistente no desprazamento das tellas cerámicas curvas sobre as placas basee nalgunhas zonas, especialmente nos beirados, rotura dalgunhas pezas e deterioracións puntuais do morteiro en limas e cumbrera. Os traballos de  albanelería consistirán na retirada e posterior recolocación das tellas desprazadas, fixación con morteiro e masillas e substitución das tellas rotas e adheridas en limas e cumbrera.

Módulo forestal:

Labores forestais de limpeza e conservación  varios camiños municipais.

  • Cada concello realizará as aportacións correspondentes aos materiais e subministros para realizar as obras.
  • Investimento da Xunta:

503.987 euros.

2022 con 176.395,45 €

2023 con 327.591,55 €

Barbadás Quéreo Viveo, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Promoción económica

CONTENT.1714076046

SINGLE.1714076046