15/02/2022

Presentación do programa do Entroido de Barbadás

O ENTROIDO DE BARBADÁS INCLÚE NA SÚA PROGRAMACIÓN REGUEIFAS DE COMPADRES E COMADRES, UNHA FESTA INFANTIL E CHARANGUEIRAS POR TODO O CONCELLO

O pregón correrá a cargo de Paco Gallego e Manu Varela

O luns día 28 está programada unha festa infantil e o martes o tradicional Folión de Entroido

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, amosaba a súa satisfacción na presentación do Entroido 2022 “despois de 2 anos nos que estiveron paralizadas este tipo de actividades e festas. Por fin podemos reinicialas e renovalas e empezar a disfrutar”.

 

  • Esta semana xa empezaron os obradoiros de Entroido nos colexios “para elaborar por parte dos/as nenos/as nos colexios, que logo van poder disfrutar nas regueifas de compadres este xoves día 17 de febrero e o vindeiro xoves día 24”.

 

  • As regueifas de Compadres serán no patio do colexio Filomena Dato e as de Comadres serán na Praza da Valenzá Vella.

 

  • venres 25 de febrero colgaranse meco e meca e ás 12 do mediodía está previsto o gran desfile infantil coa presenza tamén de alumnado do Centro Ocupacional das Burgas.

 

  • Ás 20,00 horas do venres día 25 será o gran pregón do Entroido a cargo de Paco Gallego e Manu Varela na zona da rotonda da familia, acompañados do grupo musical “Mekanica”.

 

  • A continuación do pregón celebrarase a Cea de Comadres “nunha carpa moi ampla no patio do colexio Filomena Dato coas medidas de precaución necesarias e focos de calor para disfrutar ao mesmo tempo da festa”, indica Marga Pérez.

 

  • O sábado 26 e o domingo 27 de febrero haberá actividades de animación polas rúas de todo o concello, tanto na Valenzá coma nos pobos con sendas charangueiras.

 

  • Luns día 1 de marzo os/as protagonistas serán os/as nenos/as con unha festa infantil, merendas saudables e premios para os mellores disfraces.

 

  • Martes de Entroido será o gran día en Barbadás coa celebración do Gran Desfile, que partirá como é habitual da rúa dos Carrís. Ata o día 28 de febrero está aberto o prazo de inscrición, sendo este ano moi sinxelo o sistema para anotarse a través de unha anotación de participantes “en liña” na páxina web: barbadas.es.

 

  • Este ano incrementouse a contía destinada a premios, con un total de 6.000 euros. A mellor carroza e a mellor comparsa recibirá un premio de 1.000 euros cada unha e mantéñense as categorías habituais.

 

  • día 3 de marzo será o día da despedida de Don Carnal coa procesión fúnebre con meco e meca e posterior queima na Praza da Valenzá vella. A animación musical correrá a cargo da agrupación musical “Xente nova”.

 

  • Unha das novidades este ano é a programación de un Concurso de Mecos, unha iniciativa que xurdiu en 2021 a raíz da pandemia. Naquel momento xurdiron espontáneamente mecos colgados e expostos pola veciñanza por todos os lugares do municipio. Un total de 40 mecos deron ao Entroido de Barbadás unha animación que non puido haber doutro xeito.

 

  • Está aberto o prazo de incrición neste concurso de mecos a través do envío de unha foto e unha incrición. O sistema de elección dos mellores mecos será por votación popular.

Cultura, Novas

CONTENT.1733590583

SINGLE.1733590583