27/10/2022
Presentación do RallyMix Barbadás 2022
O evento terá lugar os días 29 e 30 de outubro a través de un percorrido que abrangue o pobo de Barbadás e A Valenzá.
A OITAVA EDICIÓN DO RALLYMIX DE BARBADÁS CELEBRARASE DURANTE ESTA FIN DE SEMANA E COMO NOVIDADE A META E O PARQUE PECHADO ESTARÁ NA VALENZÁ
A unhas horas de pecharse as inscricións hai 64 pilotos/as inscritos/as
O evento terá lugar os días 29 e 30 de outubro a través de un percorrido que abrangue o pobo de Barbadás e A Valenzá.
- A oitava edición do RallyMyx de Barbadás foi presentado hoxe ao mediodía nas instalación do polideportivo municipal. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, Rosendo Luis Fernández vicepresidente da Deputación de Ourense, Victoria Morenza tenente alcalde e Abel Cortés, concelleiro de Deportes.
- Asistiron tamén á presentación do evento deportivo, Manuel Pérez, xefe territorial de Deportes da Xunta, Javier Barja, tenente xefe de Tráfico, Iván Corrral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, Elsa Barreiros, de Barreiros Consultores, Jano Fraga, presidente da Escudería Ourense e Juan Carlos Villanueva “Marabú”, promotor da iniciativa.
- Pepe Samapayo, organizador do evento, destacou que “un ano máis, e xa van oito, estamos celebrando o RallyMix de Barbadás, a proba máis antiga de todas as de esta categoría que se celebran en Galicia”.
- O evento terá lugar os días 29 e 30 de outubro a través de un percorrido que abrangue o pobo de Barbadás e A Valenzá.
- As inscricións aínda están abertas, aínda que xa hai 64 pilotos/as inscritos/as. Os horarios e as características e itinerarios da proba serán publicados en canto estean pechadas as incrición no Facebook da “Escudería Barbadás”.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destacou que “este ano hai unha importante novidade neste evento porque o parque pechado estará ubicado na Valenzá, así como a meta, unha petición feita pola Escudería Barbadás, concretamente para a zona dos Amieiros, no entorno das piscinas municipais”.
- O obxectivo deste cambio “é atraer máis público, de xeito que teña un retorno máis imporante que noutras edicións. Polo tanto o obxectivo é que haxa unha maior repercursión sobre o comercio de proximidade e a hostalería de Barbadás, debido á gran afluencia de espectadores/as que xenera este evento”.
- Un dos motivos “polos que o goberno municipal de Barbadás colabora neste tipo de eventos deportivos pasa, por unha banda por potenciar o deporte, pero non menos importante é o aspecto económico que ten toda actividade que teña unha importante participación”, sinalou o rexedor.
- Estes eventos “representan un enorme revulsivo para o tecido empresarial de calquera concello. Quero agradecer sobremaneira o traballo que realizan Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Barbadás así como da Garda Civil, e, por suposto a todo o equipo da Escudería Barbadás e ao voluntariado que colabora na organización e desenrolo do evento”, explicou Valcárcel.
- O Concello, ademais da aportación económica, colabora cos efectivos antes citados e tamén no desbroce e recuperación de pistas e camiños tanto para os participantes como para o público en xeral, detallou o primeiro edil de Barbadás.
- A Escudería Barbadás fai un gran esforzo para poder traer un evento de primeira categoría a Barbadás e o Concello quere trasladar que pretendemos seguir colaborando como ata de agora, apuntou Valcárcel, engadindo que “falamos dun evento que ten unha gran repercusión no mundo do motor a nivel de toda Galicia”.
- “Este goberno de Barbadás está apostando forte polo mundo do motor, sexa a catro ou a dúas rodas, como o temos demostrado traendo tramos do Rally de Ourense ou a recente proba de motocros e nos vindeiros día presentarase unha proba de ciclocross”, comentou Valcárcel.
- O obxectivo do Concello de Barbadás é colaborar para ofrecer a veciños e veciñas un amplo abano de eventos deportivos de gran nivel diversificando tamén o tipo de deporte.
- O vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández, indicou que sen as institucións como Deputación ou Inorde este tipo de probas serían inviables.
- Fernández destacou que “chegamos a octava edición do RallyMix de Barbadás e vemos que é para o campeonato de Galicia e esto ten un mérito importante porque estamos dende Ourense, dende Barbadás concretamente facendo probas automobilísticas que teñen repercusión galega”.
- Rosendo Luis Fernández, asegurou que “como ben dicía o alcalde Valcárcel, hai un retorno, pero nós o facemos dunha forma máis ambiciosa, estamos creando un ecosistema deportivo automobilístico en Ourense, fixaivos ben, se celebrou noutros puntos da provincia, por suposto o Rally de Ourense, estamos en Barbadás, esto crea un ecosistema deportivo dunha cidade e dunha provincia de por sí xa con grande afición e moito aficionados ao automobilismo, polo tanto creo que estamos creando e dinamizando e participando e promocionando o territorio a través de probas deportivas, en este caso automobislísticas.”
- Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, asegurou que “non faría xustiza, teño que facela neste acto, de toda a xente que está aquí, tecido organizativo, os corpos e forzas de seguridade do Estado, Tráfico que sempre nos arroupa, Protección Civil, Policía Local. Escudería Ourense, escudería Barbadás, a Diputación, como non , eses sponsors sen os que non poderíamos completar os presupostos”.
- O impulsor e “alma mater” do RallyMix de Barbadás, Juan Carlos Villanueva “Marabú”, destacou “o esforzo de moitas persoas para organizar este evento deportivo que xa ten unha sona a nivel galego e máis alá da comunidade galega”.