12/05/2022

Presentación do VI CASTRO TRAIL de Barbadás

Celebrarase o domingo, 15 de maio

BARBADÁS ACOLLE O 15 DE MAIO A VI EDICIÓN DO CASTRO TRAIL

 O percorrido da proba inclúe fermosos lugares da orografía do concello como As Lamas, Parada, Piñor ou Santa Uxía

 

  • Esta mañá tivo lugar no exterior do presentación do VI Castro Trail, que se celebrará este domingo día 15 de maio, coa presenza de Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, David Losada, organizador do Castro Trail, Victoria Morenza, tenente alcalde,  Marga Pérez, concelleira de Cultura e Comercio e o concelleiro de Deportes,  Abel Cortés.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que o Castro Trail este ano consta de dúas rutas: a longa, de 24 quilómetros, que comezará as 9:00h da mañá e a curta, que terá un percorrido de 12 quilómetros e comezará as 9:30h. En ambas categorías haberá tres premios, tanto femininos como masculinos.

 

  • Valcárcel informou que “o inicio e o remate será no parque da Liberdade ao longo de un percorrido moi interesante e fermoso xa que pasa polos lugares máis salientables do noso concello en canto a paisaxe e tamén cabe destacar a pureza da ruta”

 

  • David Losada, organizador do Castro Trail, comentou que “a proba curta ten un desnivel positivo de 660m a longa 1380m”, resaltando que “é un dos percorridos máis bonitos do trail en Galicia, ten sombras, carballeiras…”

 

  • O percorrido inclúe a zona d e As Lamas, San Bieito, Parada, Piñor e Santa Uxía para volver á Valenzá ao finalizar.

 

  • Losada afirmo na presentación que “o fin de festa será no parque da Liberdade, cuns pinchos ao rematar, un avituallamento, música, inchables para os máis cativos”.

 

  • En canto ao reparto dos dorsais, será o sábado de 10:00h a 12:00h e de 15:00h a 18:00h no pavillón municipal.

 

  • Losada informou que “as inscricións estarán abertas ata o xoves día 12 de maio ás 00:00h en Sportmania. Ata agora hai cerca de 200 persoas inscritas, aínda que está prevista unha participación superior.

 

  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes, agradeceu a David Losada e á organización do Castro Trail “o esforzo para realizar esta proba, puntuable para a liga provincial de Trail, cuxa proba se poderá seguir en vivo na app Saudeter”.

 

  • Cortés destacou a orografía desta proba “xa consolidada no calendario de eventos deportivos de Galicia”.

 

  • O concelleiro de Deportes de Barbadás puxo “en valor unha serie de probas que se van realizar no concello de Barbadás: Cavernícola, proba de obstáculos. Este ano realizaremos aquí en Barbadás varios test e un tramo do Rallye de Ourense. En setembro celebrarase unha proba de resistencia do circuíto galego de moto-cross e no outono unha das probas máis antigas do concello: o Rallye Mix de Barbadás. E unha proba de ciclo-cross, que se desenrolará no entorno da piscina e do polideportivo, que forma parte do circuíto galego”.

 

Deportes, Novas

CONTENT.1713619008

SINGLE.1713619008