08/07/2022
Presentación en Barbadás dos Programas Estatais de apoio á vivenda social
O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE, EMILIO GONZÁLEZ AFONSO, EXPLICA EN BARBADÁS OS PROGRAMAS ESTATAIS DE APOIO Á VIVENDA SOCIAL
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia destas axudas nun concello onde o 20 por cento da poboación ten unha idade entre 18 e 36 anos
- Esta mañá tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo unha mesa informativa que abordou os programas estatais de apoio á vivenda social.
- No encontro estiveron representantes de inmobiliarias de Barbadás e foi presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, xunto co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. Tamén estiveron na mesa a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Victoria Morenza, e a técnico de Urbanismo e a técnico deste departamento do Concello de barbadás, Rosa Suárez.
- González Afonso explicou que a elección de Barbadás para detallar as posibilidades deste programa integral de apoio do Estado á Vivenda social obedece ao feito de que “é un concello dinámico a nivel poboacional non só da provincia de Ourense, senón tamén de Galicia.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, indicou que Barbadás ten na actualidade unha poboación oficial de 11.229 habitantes, dos que 2.092 “teñen idades comprendidas entre 18 e 35 anos”, que poderían ser beneficiarios dos programas de Vivenda do Estado.
- Afonso sinalou que as axudas do Goberno Central, a través de programas estatais de apoio á vivenda social, “son fundamentais en concellos que como Barbadás representa o marco idóeno para que os/as seus/súas xóvenes se beneficien destas iniciativas”.
- A convocatoriafoi publicada por la Xunta en Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2022 (código de procedemento VI482E). Enlace DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220630/AnuncioC3Q2-200622-0003_gl.html.
- O prazo de presentación abrangue dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro de 2022.
- Para máis información, este é o enlace información en sede electrónica:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482E&ano=2022&numpub=1&lang=gl
- Os orzamentos xerais do Estado inclúen 200 millóns de euros para o “Bono Aluger Xoven” e 345 millóns para o Plan Estatal de Acceso á Vivenda.
- O orzamento abrangue os exercicios 2022, 2023, 2024 e 2025. Multlipicouse por 7 o investimento destinado a vivenda respecto dos orzamentos xerais do Estado de 2018.
- Está previsto que en 2025 se acaden 1.843 millóns de euros para o Plan Estatal de Acceso á Vivenda e Bono Aluguer Xoven.
- A Galicia correspóndenlle 11,4 millóns de euros para o “Bono Aluguer Xoven” e 19,6 millóns de euros para o Plan Estatal de Acceso á Vivenda.
- González Afonso explicou que este plan estatal incrementou en 7 o número de programas para beneficiar as políticas de integración e apoio á vivenda social.
- O bono aluguer xoven está dirixido a xóvenes de ata 35 anos con unha fonte regular de ingresos. Axudas de 250 euros ao mes durante 2 anos.
- Estas axudas dirixidas aos/ás xóvenes son compatibles co programa de axuda ás persoas xóvenes e para contribuir ao reto demográfico do Plan Estatal de Vivenda, con Ingreso Mínimo Vital e prestación non contributivas da segruidade social. Enlace información en sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482E&ano=2022&numpub=1&lang=gl
- Outro programa é o de “axuda ao aluguer da vivenda, con axudas para o disfrute de unha vivenda en réxime de aluguer ou cesión de uso.” Axuda de ata o 50 % do aluger por un prazo de 5 anos. Beneficiarios: arrendatarios/as teña ingresos inferios ao triplo do IPREM. Esta axuda pasa co novo plan do 40 ao 50 % e a duración pasa de 3 a 5 anos.
- O Programa de axuda ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento, persoas sen fogar e otras persoas especialmente vulnerables ofrecen aportacións estatais de ata o 100 % do aluguer e o 100 % dos gastos por un prazo de 5 anos.
- O programa de axuda ás persoas arrendatarias en situación de vulnerabilidade sobrevida pretende apoiar a cidadáns/ás que se atopen nesta situación con unha axuda de ata o 100% do prezo de aluguer mentas se manteña a situación de vulnerabilidade. A novidade é que esta convocatoria está aberta de forma continuada e permanente.
- O programa de axuda ás persoas xóvenes e para contribuir ao reto demográfico está definido para sufragar ata o 60 % do prezo do aluger ou ata 10.800 euros para a adquisición de vivenda habitual. Esta dirixido este programa a xóvenes de ata 35 anos residentes en núcleos de poboación enores de 10.000 habitantes. É compatible co bono aluguer xoven.
- Outro dos programas é o que está dirixido ao incremento do parque público de vivenda para facilitar a adquisición de vivenda con destino ao aluguer social. Son axudas de ata o 60 % do custo de adquisición de vevendas destinadas ao aluger ou cesión en uso durante máis de 50 anos.
- Os beneficiarios deste programa son as administración públicas, organismos públicos e demais entidades de dereito público. Tamén as fundacións, as empresas de economía social, as empresas calificadas de promoción social pola comunidade autónoma, as sociedades cooperativas de autopromoción, as ONG e as asociación declaradas de utilidade pública.
- No Plan Estatal de Vivenda figura tamén un Programa de fomento de vivendas para persoas maiores ou persoas con discapacidade. O obxectivo é promocionar aloxamentos ou vivendas con instalación, servizos e zonas de intererelación para este tipo de persoas, tanto de titularidade pública como privada.
- As axudas son de ata 700 euros por metro cadrado, non podendo superar o 50 % do investimento con un límite de 50.000 euros.
- Os beneficiarios son persoas ou entidades de propitarioas de vivendas que as cedan ás comunidades autónomas, entidades locais, entidades e fundacións sen ánimo de lucro.
- As vivendas deberán ter unha calificación enerxética mínima A e contar con zonas de intererelación e varios servizos (limpeza, atención medica, seguridade, restauración, actividades sociais.
- Outro dos programas ten coma obxectivo fomentar aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares co obxectivo de facilitar a posta a disposición de novas tipoloxías residenciais con maiores espazos de interrelación.
- Esta axuda ten como límite 450 euros/metro cadrado, non podendo suerar o 50 % do investimento con un límite de 50.000 euros por cada vivenda.
- O programa de posta a disposición de vivendas da Sareb e de entidades públicas para o seu aluguer coma vivenda social. Supón que a Sareb cede o usufructo de vivendas para aluguer social, para poner a disposición 15.000 vivendas.
- Estas axudas oscilan entre 150 e 175 euros ao mes . Os beneficiarios son as comunidades autónomas e os concellos.
- O Programa de fomento da posta a disposición das comunidades autónomas e concellos de vivendas libres para o seu aluguer como vivenda asequible ou social.
- Esta axuda equivale á metade da diferencia entre o aluguer social que determine a comunidade autónoma e o prezo de mercado para vivendas que se cedan ou se incrorporen a programas de movilización de vivendas baleiras das CC AA ou entidades locais para alugalas por máis de 7 anos.
- Os beneficiarios son persoas ou entidades propietarias de vivendas que as cedan. A limitación do prezo do aluguer son 450 euros ao mes.
- Outro dos programas pretende mellorar a accesibilidade ás vivendas. As axudas son de ata 12.500 euros por vivenda para as unifamiliares. Engloba axudas de 9.000 euros por vivenda e 90 € por metro cadrado de superficie construida de colaal comercial. Tamén se recollen axudas de ata 6.000 euros por vivenda para vivendas ubicadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
- Os beneficiarios son propietarios/as ou usufructuarios/as de vivendas ou comunidades de propietarios.
- Tamén define o Plan Estatal axudas á erradicación de zonas degradadas, do chabolismo e da infravivenda.
- Outra axuda vai dirixida ao pago do seguro de protección da renda arrendaticia.