14/01/2021

Presentación polos alcaldes do Obradoiro Dual de Emrego “Concellos Rurais da comarca de Ourense: Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén”

OS ALCALDES DE BARBADÁS, TABOADELA, SAN CIBRAO E O TENENTE ALCALDE DE TOÉN DESTACARON A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN ENTRE CONCELLOS NA PRESENTACIÓN HOXE DO OBRADOIRO DE EMPREGO.

O Obradoiro Dual de Emprego “Concellos Rurais da Comarca de Ourense: Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén  está composto por 20 Alumnos, 2 docentes , 1 administrativa e 1 directora. 

  • Os alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o de San Cibrao, Pedro Fernández, de Taboadela, Álvaro Vila e o tenente alcalde de Toén, Victor Vieitez, estiveron hoxe na presentación do Obradoiro Dual de Emprego “Concellos Rurais da Comarca de Ourense”.
  • O alumnado, composto por 20 persoas, está distribuido do seguinte xeito: 11 persoas do Concello de Barbadás, 5 de Taboadela, 2 de San Cibrao e 2 de Toén.
  • O orzamento, que está sufragado pola Xunta de Galicia, ascende a 415.000€, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  • O Plan de Formación ocupacional está centrado na instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, así coma no control de pragas, enfermidades, malas herbas e fisiopatías.
  • O Alcalde de Barbadás, Xose Carlos Valcarcel, comeza valorando “a unión dos 4 Concellos, xa que sen eles, non sería posible o desenvolvemento de este Obradoiro”.
    Tamén indica que vai encamiñado a ter unha formación para poder obter un posto de traballo digno e a posibilidade de contratación de cara un futuro”.
  • Valcárcel falou tamén das diferentes actuacións en varias áreas do Concello de Barbadás, motivando ao alumnado de cara á cidadanía e a visibilidade das melloras a realizar, fundamentalmente nos bancais da zona que comunica a rúa da Presa co paseo de Vilaescusa e o parque do Barreiro, en Bentraces, así como en rexeneración de pradeis e podas.
  • O alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández Moreiras, comenta as actuacións do seu Concello, facendo incapié na mellora da área recreativa da Boutueira (zoa protexida) e colindante co Concello de Barbadás, e as diferentes podas a realizar.
  • Fernández avoga polo coidado que hai que ter coa situación do Covid que vivimos e aposta pola profesionalidade, implicación, e coidados a ter no desenvolvemento do Obradoiro.
  • O Tenente Alcalde de Toén, Victor Viéitez, fala dos diferentes puntos de podas a realizar, e anima e motiva os participantes do Obradoiro.
  • O alcalde de Taboadela,Álvaro Vila Araújo, aposta pola creación dun novo parque en Santa Leocadia, cunha superficie aproximada duns 4000m2..e apela a dirección do Obradoiro e os traballadores a recrearse e facer un traballo digno e bonito.
    Tamén fala do mantemento e mellora na ruta de San Xoan.
  • A Directora do Obradoiro, Rosa Maria Basalo, comeza falando da subvención da Concellería de Emprego e Igualdade máis o esforzo dos 4 Concellos.
  • Basalo destacou a especialidade formativa que están a impartir de Instalacións e xardíns e zonas verdes, porque se trata de unha certificación profesional de nivel II que vai capacitar ao alumnado para posteriormente poder facer as funcións como traballadores/as cualificados de xardinería.
  • A directora do obradoiro fixo fincapé en en se aposta pola efectividade do Obradoiro e o mesmo tempo o alumnado/traballador/a obteña unha cualificación profesional para unha futura inserción laboral no mercado de traballo.
  • O Alcalde de Barbadás engade que o proceso de selección valoráronse diferentes aspectos, entre outros a inclusión social, o tempo de desemprego, a situación familiar e o entorno. 
  • Insistu “na grave situación que vivimos no noso entorno , motivo polo que é fundamental que se adopten todas as medidas de seguridade e hixienico-sanitarias“.

Novas

CONTENT.1713530681

SINGLE.1713530681