04/04/2024

Preto de 200 nenos e nenas de toda Galicia participarán no Campionato de Kung-Fu que se celebrará en Barbadás

As artes marciais terán esta fin de semana o concello de Barbadás como epicentro. O polideportivo municipal será o escenario no que se celebre o Campionato de Galicia individual escolar de Kung-Fu, organizado polo Gimnasio Firness Forma de Ourense e a Federación Galega de Kung-Fu. Está prevista a participación de preto de 200 nenos e nenas das distintas provincias galegas.

A competición dará comezo o sábado 6 de abril ás 17.00 horas e nas instalacións deportivas da Valenzá daranse cita deportistas de entre 8 e 21 anos nas categorías de alevín, infantil, xuvenil e sub-21. Da provincia de Ourense participan o Club de Kung-Fu Barbadás, Escuelas Deportivas Artai e Gimnasio Fitness Forma.

O Campionato de Galicia individual escolar de Kung-Fu acada a súa edición número 18 e demostra que na provincia de Ourense son moitos os afeccionados a esta arte marcial china tradicional que se basea en agarres e derrubamentos.

 

 

 

 

 

 

Novas

09/11/2026

Campamento de Nadal 2026

Barbadás-Campamento de Nadal 2026

Prazo de inscrición: do 16 ao 23 de novembro de 2026

05/11/2026

Concurso infantil de TARXETAS DE NADAL 2026

Barbadás - Slide Concurso tarxetas de Nadal 2026

Prazo do día 6 de novembro ata o 23 de Novembro de 2026, ás 14:00 horas.

04/11/2026

Alta participación no Programa Luz Pozo Garza

CONTENT.1794322990

SINGLE.1794322990