18/02/2026
Preto dun milleiro de persoas percorreron A Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás

- Poker Premium Monterrey y Pereiro recibiu o primeiro premio na categoría de comparsas de máis de 10 participantes
- Fórmula 1 resultou vencedora na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes
Preto dun milleiro de persoas percorreron este martes pola tarde as rúas da Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás. Un total de 32 comparsas participaron na cita entroideira, unha das máis esperadas cada Entroido pola veciñanza. As agrupacións amosaron a súa creatividade e orixinalidade e encheron de cor, diversión e música as rúas da vila.
Despois do desfile, o xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, e composto por cinco persoas representativas do ámbito da cultura e do asociacionismo no municipio, deu a coñecer o seu veredicto.
Na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes:
- 1º Premio (550 euros): FÓRMULA 1.
- 2º Premio (450 euros): CHAPA-CHIPS OS DRAGÓNS DA RIBEIRA SACRA.
Na categoría de comparsas de máis de 10 participantes:
- 1º Premio (1.100 euros): POKER PREMIUM MONTERREY Y PEREIRO.
- 2º Premio (800 euros): LA TOMBOLA ANTOÑITOS.
- 3º Premio (700 euros): O ENXAME DA AURIA.
- 4º Premio (500 euros): E CHEGOU O NADAL A FINCA FIERRO ANTES QUE A VIGO.
- 5º Premio (450 euros): TRUMP NON MOVAS OS MARCOS.
- 6º Premio (350 euros): VIKIFARRAS DAS LAMAS.
- 7º Premio (300 euros): DENOMINACIÓN ORIXE A PARADA.
- 8º Premio (250 euros): OS REXOUBEIROS-ALADIN.
Ademais, entregáronse dous galardóns especiais para comparsas non premiadas:
- Especial deseño (250 euros): PERFECTAMENTE IMPERFECTO.
- Especial animación (250 euros): MOVETE ENTRE MEDUSAS.
Por outra banda, tamén se concederon os galardóns aos mellores mecos, elixidos por votación popular nas últimas semanas.
– 1º Premio (300 euros): Asociación de Veciños San Martín de Loiro.
– 2º Premio (200 euros): Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces.
– 3º Premio (100 euros): Comunidade de Veciños Os Carrís 5.