12/10/2022

Proceso de selección para docente de educación básica para obradoiro de Barbadás, Toén, Taboadela e San Cibrao

BASES REGULADORAS DO PROCESOS DE SELECCIÓN DE DOCENTE DE BÁSICA DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADAO “CONCELLOS RURAIS DA COMARCA DE OURENSE II: BARBADÁS, SAN CIBRAO, TABOADELA E TOEN”.

O día da selección será o martes 25 de outubro ás 09.00 da mañá

O día da sondaxe será o martes 18 de octubre, polo tanto os/as aspirantes poderán anotarse no SEPE (oficina da Ponte) ata o luns día 17 de outubro pola mañá

  • Os contrato de traballo serán formalizados polo Concello de Barbadás, como entidade promotora coas persoas seleccionadas. Terá carácter temporal, cunha duración de 12 meses a xornada completa e coincidente coa duración do proxecto de obradoiro aprobado.
  • Para formar parte dos procesos selectivos os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data de expiración do prazo concedido para a presentación das solicitudes:
  1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art. 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
  2. Ter cumplidos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa (requisito que deberá acreditarse coa presentación de copia do Documento Nacional de Identidade).
  3. Posuír ou estar en condicións de obter o día que remate o prazo de presentación de instancias, a titulación esixida nas bases específicas que rexan cada convocatoria . No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou credencial que acredite a homologación, certificada pola Administración competente.
  4. Posuír a capacidade e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das tarefas habituais e funcións da praza a que aspira. Este extremo deberá ser acreditado mediante a presentación do correspondente certificado médico previa á contratación.
  5. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
  6. Non estar incurso en causas de incompatibilidades de conformidade co disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  7. Posuir o nivel de língua galega correspondente a un CELGA 4, de conformidade co establecido no artigo 51.1 da Lei do Emprego Público de Galicia.
  • Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ao último día de prazo de presentación das instancias e manterse durante o desenvolvemento do proceso selectivo.
  • Ademáis dos anteriores, deberá posuir os o título de Graduado que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, mestres que estean en posesión do título universitario oficial de mestre en calquera das súas especialidades, diplomados en Profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades, ou Mestres de Primeira Ensinanza.
  • A selección dos candidatos farase segundo o disposto nas citadas Orde e Instrucción mediante a designación do lugar, data e hora na que se deberán presentar coa documentación acreditativa dos méritos sinalados nas bases da convocatoria. A tal efecto, establécese como día de inicio do período de selección o MARTES 25 DE OUTUBRO ÁS 09.00 a.m. no edificio do Concello de Barbadás, sito na Rúa Cimadevila 1 de Barbadás. Rematada a selección e ordeación do alumnado, procederase a publicar a lista de alumnos seleccionados por orde de puntuación segundo os méritos previstos na Base Terceira.
  • sistema de selección constará das seguintes fases:

Entrevista persoal, cun máximo de 10 puntos.

Fase de baremación dos méritos por servizos profesionais, cun máximo de 30 puntos e formación, cun máximo de 20 puntos.

Proba de galego, de ser o caso.

  • Pasarán á fase de entrevista os/as candidatos/as, enviados pola oficina de emprego, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases reguladoras do proceso de selección.
  • A entrevista persoal, que deberá facerse con anterioridade á baremación dos criterios obxectivos, consistirá na celebración dunha entrevista individual coa persoa candidata coa finalidade de determinar as aptitudes e capacidades persoais así como avaliar o interese do candidato en participar no proxecto, tanto as de carácter xeral como as relativas á súa adecuación ás singularidades do proxecto formativo.
  • A entrevista persoal versará sobre coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas necesarias para o desempeño do posto e sobre coñecementos relacionados co Programa de Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego, cos Programas de Emprego e Formación Ocupacional, etc.

Esta fase, que non será eliminatoria, valorarase cunha puntuación máxima de 10 puntos.

MÉRITOS POR SERVIZOS PROFESIONAIS

Neste apartado valoraránse os servizos profesionais, como máximo con 30 puntos (60% da cualificación final) do total dos méritos, segundo o seguinte baremo:

  • Por servizos prestados en Obradoiros de empregos xestionados por administracións públicas na mesma, equivalente ou análoga categoría profesional: 1 punto por cada mes de traballo cun máximo de 30 meses.
  • Por servizos prestados en Obradoiros de empregos xestionados por administracións públicas en diferente categoría profesional: 0,75 punto por cada mes de traballo cun máximo de 40 meses.
  • Por servizos prestados en empresas privadas na mesma, equivalente ou análoga categoría profesional: 0,60 puntos por cada mes de traballo cun máximo de 50 meses.
  • Por outros servizos prestados no sector público, entendendo por tal o ámbito de aplicación da Lei 40/2015, previsto no seu artigo: 0,50 puntos por cada mes de traballo cun máximo de 60 meses.

Entenderase por categoría profesional análoga na que existe unha relación de identidade esencial ou equivalencia de funcións entre o posto de traballo ofertado e o mérito alegado.

Os servizos prestados valoraranse en función do tempo transcorrido e computaranse realizando a suma en días dos períodos acreditados, non computándose as fraccións inferiores ao período de referencia e entendendo que un mes consta de 30 días naturais.

Os servizos prestados a tempo parcial valoraranse proporcionalmente, agás que a redución obedeza a algún dos supostos previstos na normativa sobre redución de xornada por motivos de lactancia, coidados de familiares e demais supostos fundados na conciliación da vida familiar e laboral.

 MÉRITOS POR FORMACIÓN.

Neste apartado valoraránse os méritos por cursos relacionados co posto de traballo e a titulación académica distinta e superior á requirida para o acceso ao proceso selectivo e outros méritos académicos, como máximo con 20 puntos (40% da cualificación final) do total dos méritos, segundo o previsto nos seguintes apartados:

Valorarase a realización de cursos homologados polas diferentes administracións públicas, ou outras entidades do sector público, ou os realizados no ámbito da formación para o emprego ou os acordos da formación continua relacionados coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e os considerados de coñecemento transversal para todos os postos de traballo, entre outros, os de coñecemento da lingua galega, os relacionados coa prevención, cos dereitos e deberes dos empregados públicos, igualdade, protección de datos, atención ao cidadán, protección do medio ambiente dende o ámbito laboral e ofimática. Aplicarase o seguinte baremo:

  • Por cada hora de formación: 0,75 puntos, cun máximo de 200 horas.
  • Os cursos de máis de 100 horas valoraranse cun máximo de 7,5 puntos.
  • A puntuación máxima neste apartado será de 15 puntos.

Valorarase a titulación superior a requirida para o acceso ou sendo distinta, sempre que garde relación coa praza ofertada, sempre e cando se trate de titulacións oficiais correspondentes ao sistema educativo español. Aplicarase o seguinte baremo:

  • Por cada título de ensinanza universitaria: 1,5 puntos por título.
  • Por cada título de ensinanza media e/ou secundaria, 1 punto por título.
  • A puntuación máxima neste apartado será de 3 puntos.

Valorarase como outros méritos académicos a docencia universitaria e/ou as publicacións académicas, en ambos casos, cando versen sobre materias relacionadas coas funcións propias da praza obxecto. Aplicarase o seguinte baremo:

  • Por cada artigo ou publicación, en réxime de autoría ou co-autoría, en revistas ou publicacións con relevancia científica ou académica: 1 punto por cada artigo.
  • Por cada 30 horas de docencia universitaria acreditada: 1 punto.
  • A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos.

LISTA DE CONTRATACIÓN E RESERVA

Os posibles empates que resulten da aplicación do baremo resolveránse aplicando os seguintes criterios:

  • O maior tempo acreditado como desempregado
  • A puntuación obtida no apartado de servizos profesionais.
  • A puntuación correspondente ás titulacións complementarias.
  • A puntuación obtida no apartado de formación.
  • Maior idade.

Será proposta para participar no Obradoiro aquela persoa que acade maior puntuación como resultado do proceso de selección. As restantes formarán a listaxe de reservas.

Novas

CONTENT.1714023901

SINGLE.1714023901