24/01/2023

Programa Bono autónomo, Axudas Xempre autónomo, Subvencións para entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas

O Diario Oficial de Galicia publica varias Ordes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, con axudas para persoas traballadoras autónomas.

  • Programa do bono das persoas autónomas

-Persoas e entidades beneficiarias

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2021 inferior a 30.000,00 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000,00 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

 -Obxecto

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iníciase ás 9.00 horas do día 25 de xaneiro de 2023 e remata o 29 de setembro de 2023.

  •  Axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo

 -Persoas beneficiarias

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

-Obxecto

Esta orde ten por obxecto a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

-Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes desta orde contarase a partir do dia 25 de xaneiro e finalizará o 29 de setembro de 2023.

  • Programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio

-Entidades beneficiarias

Programa de entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas. Serán beneficiarias aquelas entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia.

-Obxecto

Esta orde ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos.

-Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día 25 de xaneiro

Data Adxuntos
24/01/2023 Programa do bono das persoas autónomas PDF [876 KB]
24/01/2023 Axudas Xempre autónomo PDF [832 KB]
24/01/2023 Subvencións para entidades asociativas galegas de persoas autónomas PDF [829 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1728683098

SINGLE.1728683098