14/07/2021

Programa bono persoas autónomas-Xunta de Galicia e Ampliación do prazo de solicitudes do III plan de rescate Xunta de Galicia

Subvención do bono das persoas autónomas .

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade subvencionable cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1: mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

– Investigación de mercado.

– Plan de márketing

– Plan de comunicación do negocio.

– Plan estratéxico do negocio.

– Plan de crecemento: constitución da sociedade.

– Plan de reorientación do negocio.

– Plan de transformación dixital.

– Plan de refinanciamento.

Liña 2: mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

– Compra de maquinaria.

– Compra de útiles e ferramentas.

– Reforma do local do negocio.

– Equipamentos informáticos.

– Rótulos.

– Aplicacións informáticas e páxinas web.

– Creación do logotipo do negocio.

– Mobiliario.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. No caso de solicitar axudas da liña 1 e da liña 2, atenderase en primeiro lugar á liña 1 e despois á liña 2, co límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 13 xullo de 2021 ata o 12 de agosto de 2021, ambos incluídos.

Ampliación prazo solicitudes III plan de rescate  

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación da orde que regula as bases para o 3º plan de rescate, xestionado pola Xunta cos 234,4 millóns de euros que lle corresponderon do reparto do Estado para axudas directas ao tecido empresarial, coa que amplía o prazo de solicitude dos apoios ata o 30 de setembro para permitir que os cartos cheguen a máis persoas traballadoras autónomas e empresas afectadas pola covid-19.

Data Adxuntos
14/07/2021 Programa bono persoas autónomas PDF [842 KB]
14/07/2021 III Plan de rescate axudas crisis covid PDF [444 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1731185239

SINGLE.1731185239