02/10/2023
Programa Bonos Activa Comercio

A Xunta de Galicia pon en marcha novamente o Programa Bonos Activa Comercio.
Esta iniciativa da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e as Asociacións Provinciais, forma parte do paquete de medidas específicas para o sector que o Goberno galego está a poñer en marcha para acompañar ao comercio de proximidade na súa reactivación, impulsando a súa competitividade a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá ir descontando nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.
O prazo de adhesión para os comerciantes será desde o 30 de setembro ata o 15 de decembro, e a clientela poderá empregar o bono desde o 9 de outubro e ata o 31 de decembro salvo esgotamento previo do saldo do programa