15/04/2024

Programa Bonos Activa Comercio

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación do 5 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto 

O obxecto é a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Importe

Para a concesión destas axudas destínanse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.

Mediante orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación poderase modificar a devandita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellasen, do que se dará a publicidade oportuna.

Data Adxuntos
15/04/2024 Programa Bonos Activa Comercio PDF [483 KB]

Comercio, Novas

CONTENT.1716268130

SINGLE.1716268130