22/08/2022

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel VALENTINA

Chegamos ao final do Programa de verán, BARBADÁS É CULTURA, coa proxección da película VALENTINA, será este xoves 25 de Agosto, ás 22h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
Sinopse:
Valentina está cansa de ser unha nena con síndrome de Down convencida de que é o motivo polo cal nunca poderá alcanzar o seu soño: ser trapecista.
Pero nunha viaxe máxica xunto co seu amigo o rato Chiqui vai permitir descubrir que é moi especial e que, como ben di a súa avoa, nunca debe de perder a ilusión e as ganas de aprender.
Valentina é unha longametraxe dirixida por Chelo Loureiro, fundadora de Abano Producións, a partir dun guión coescrito xunto con Lúa Testa, actriz e escenógrafa galega e cos deseños de personaxes e fondos de David Pintor.
Público: Nenos/as 3-7 anos / Familiar
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1730741592

SINGLE.1730741592