12/07/2021

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel de Paporrubio

Este xoves 15 de xullo, ás 21h. actuación da compañía PAPORRUBIO que nos presenta o espectáculo “Varietés de Animalario”, será coma sempre no Parque dos Patos.

SINOPSE

Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras. Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galega: os enredos lingüísticos, a cachaporra, a astucia do heroe e do antiheroe…. O punto de partida para este texto orixinal é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luís Foxo. Nela, a raposa e o lobo, están fatigados o pé dunha Pereira, e distintas personaxes, ao modo das figuras literarias asociativas moi habituais na tradición oral galega, aparecen na canción, sen outro obxectivo ca “provocar” unha historia surrealista e con unha clara tinta onomatopeica e de enredo. É con esta canción, explicada con un cartel de deseño contemporáneo, pero ao modo dos clásicos carteis de cego de Literatura de cordel, como remata a obra.

Monicreques | +3 | 50 min

Organiza: Concellaría e Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1714018834

SINGLE.1714018834