11/07/2022

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel Desconcerto

Continuamos co Programa BARBADÁS É CULTURA e este xoves 14 de xullo, ás 21h. contamos coa presencia de CULTURACTIVA PRODUCCIÓNS que nos traen o espectáculo “DESCONCERTO” como sempre no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.
Os nosos protagonistas chegan tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar e o público preparado para gozar, vense na obriga de improvisar para saír da situación.
A partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando con algún que outro atranco cómico. DESCONCERTO é, en definitiva, un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica a través do humor.
Montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo para ofrecer unha imaxe amena e atractiva da música clásica.
Xénero: Cómico-musical.
Duración: 60 min.
Público: Público Familiar.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713865619

SINGLE.1713865619