18/07/2022

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel TIN de Dani García

Avanzamos co Programa Cultural “Barbadás é Cultura” e este xoves 21 de xullo, ás 21h. contaremos coa actuación máxica de DANI GARCIA que nos propón o espectáculo “TIN”, coma sempre será no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas. Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo.
TIN é unha máquina a través da que o mago e o público deben descubrir e resolver grandes misterios.
Unha montaxe moi espectacular, unha maquina que xira sobre si mesma para resolver problemas con incribles maxias cooperativas co público: desaparicións, levitacións, aros..
Xénero: Maxia.
Duración: 60 minutos.
Público: Público Familiar.
Nota: En caso de choiva a actución farase na Casa da Cultura.
Organiza: Concellaría de Cultura de Cultura Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1670470977

SINGLE.1670470977