26/07/2022

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel de GHOP de Teatro ó Cubo

Seguimos co Programa Barbadás é Cultura e este XOVES 28 DE XULLO, ÁS 21H. un novo espectáculo, a cargo do grupo TEATRO Ó CUBO que nos presenta a obra “Ghop”. Coma sempre será no Parque dos Patos (A Valenzá).
Sinopse:
Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía…GHOP! un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas.
Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.
Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.
Teatro de rúa, circo, variedades | TP (+5) | 60 min.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1670243477

SINGLE.1670243477