17/07/2023

PROGRAMA CULTURAL “OS XOVES SON CULTURA”

Cartel de Brañas Folk con Godaxe

Continúa a nosa andaina cultural no Programa de Verán do Concello, agora é o momento do grupo BRAÑAS FOLK co seu último disco “Godaxe”; será coma sempre o Xoves 20 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
Brañas Folk publica o seu cuarto disco, “Godaxe”. No novo traballo colaboran artistas como o Orfeón Treixadura, Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Luis Delgado, Segundo Gradío, María Méndez e Mar Gómez.
Brañas Folk nace no ano 2002 da man de Manuel Brañas, fundador do inesquecible grupo Arco da Vella. Trala disolución do Arco da Vella, tras 17 anos de funcionamento, Manuel Brañas creou Brañas Folk.
Camiñante, Alalá do Cebreiro e Danza das Burgas son os anteriores discos de Brañas Folk, onde as colaboracións de grandes artistas galegos foron unha constante.
O grupo está formado polo propio Manuel Brañas (gaita, arpa, zanfona, whistles, requinta, frauta), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Aser Álvarez (batería e pandeireta), Guillermo Brañas (acordeón), Eduardo Balvís (baixo), José Antonio Blanco (guitarra) e Olga Brañas (piano, teclados e diversos instrumentos de percusión).
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1730549645

SINGLE.1730549645