Programa de alimentos da Cruz Vermella

Dende a súa implantación -hai 17 anos- este programa distribúe de forma gratuíta alimentos derivados dos excedentes de produción da Unión Europea entre a poboación máis vulnerable.

 

En 2003 foron asignados a España recursos por valor de 50.580.000 euros, o que representa o 25’81% do presuposto total comunitario, que se distribúe entre dez países. Durante este ano distribuíronse un total de 30.315.945 quilos/litros de alimentos entre 1.002.798 persoas necesitadas.

 

Na execución do Programa, Cruz Vermella Española non actúa en solitario se non que solicita e conta coa colaboración estreita doutras organizacións e movementos sociais nunha acción conxunta contra a diminución das desigualdades e a erradicación da marxinación.

 

Documentación:

           

 

 -Programa de alimentos da Cruz Vermella

 

-Deberá presentarse nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello para obter a información completa.