03/02/2023

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 10 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras
para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa
de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a
formación de persoas asalariadas, e se realiza a súa convocatoria para o ano
2023 (código de procedemento TR349F).

-Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2023 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

– Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes comezará o día 4 de febreiro de 2023 e rematará o 29 de setembro de 2023.

Data Adxuntos
03/02/2023 Programa de axudas a autónomos para contratación indefinida PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1713494971

SINGLE.1713494971