20/01/2025

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e formación das persoas asalariadas

O Diario Oficial de Galicia publica  a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 27 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F)

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2025 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

 Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón trescentos cincenta mil euros (1.350.000 euros).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

Data Adxuntos
20/01/2025 Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas para contratación PDF [956 KB]
20/01/2025 Axudas para contratación PDF [581 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1747064922

SINGLE.1747064922