07/04/2022

Programa de formación de voluntarios tecnolóxicos VOLUNTIC Galicia Rural

O programa VolunTIC céntrase na formación e divulgación do voluntariado tecnolóxico en Galicia.

O obxectivo é facilitar a dinamización da realidade socio-económica en Galicia a través das TIC e o voluntariado, e promover a formación e o intercambio de experiencias e boas prácticas no ámbito do voluntariado tecnolóxico que potencian a participación cidadá e social.

A sensibilización en voluntariado tecnolóxico trae consigo a oportunidade de animar aos participantes a realizar voluntariado coa Fundación Cibervoluntarios.

Desta maneira as persoas interesadas do noso  Concello poden converterse nos futuros voluntarios que desenvolvan próximos proxectos coa Fundación Cibervoluntarios, impartindo formacións dos seus programas.

Para participar na xornada de formación de voluntarios tecnolóxicos, que se celebrará na modalide online o mércores 20 de abril de 2022 de 10.00 a 12.00 h, podes anotarte chamando ao CET de Barbadás no teléfono 988 360 413, ou escaneando o código QR do cartel.

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711654205

SINGLE.1711654205