03/02/2026

Programa de formación en competencias dixitais

A Concellería de Promoción Económica e Formación organiza en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios,  un programa de formación en competencias dixitais.

Este  programa  está deseñado para axudar as persoas participantes a adquirir coñecementos prácticos e actuais que permitan manexarse con seguridade no entorno tecnolóxico, mellorar os coñecementos básicos das tecnoloxías dixitais e favorecer a súa autonomía no uso de ferramentas informáticas e de internet.

A formación permitirá reducir a fenda dixital, mellorar o acceso á información e facilitar a comunicación, contribuíndo así á inclusión social e á participación activa na sociedade actual.

As accións formativas que se van impartir son:

  • Iniciación ao mundo dixital
  • APPS útiles para a xestión de trámites na internet
  • Seguridade: protexe o teu mundo dixital
  • Ocio dixital: Apps para desfrutar

Datas: De marzo a xuño

Lugar: Aula de A Solaina

Destinatarios/as: Persoas interesadas en xeral

Inscricións: No 988 360 413 ou no cet@barbadas.es

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Barbadás.

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1770876272

SINGLE.1770876272