29/12/2020

Programa de Nadal

SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS

Este mércores 30 de Decembro actuación de FANTOCHES BAJ que nos presenta o espectáculo “O CASTIÑEIRO DO APALPADOR”, será en dúas sesións ás 17h. e ás 18:30h.

Debido ás restriccións da Covid haberá 30 localidades en cada sesión.

Sinopse:

O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro. A súa grande preocupación é conseguir que os cativos non lle rouben as castañas. Ata que un día, se lle presenta na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima mais inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que quen colla as castañas do chao o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá sen embargo vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará ao Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convertido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartírllelas ós nenos e ás nenas que pasan fame. Por iso, desde aquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos nenos e deixándolle unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles que a teñen valeira.

 Narración e Monicreques | +6 | 50 min.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1713422294

SINGLE.1713422294