30/12/2020

Programa de Nadal

SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS

Programa de Nadal

Con esta proposta artística desexámosvos a tod@s un ¡FELIZ ANINOVO 2021!.

O luns 4 de xaneiro, ás 18:30h. actuación de SARABELA TEATRO co espectáculo “O secuestro da bibliotecaria”

Sinopse:

A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.

Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.

Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo.

Espectáculo para todos os públicos.

Debido ás restriccións da Covid, só haberá 30 localidades.

Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1611557871

SINGLE.1611557871