18/12/2023

“Roedores”, teatro en Nadal

Mércores, 20 decembro, ás 19:00 h

2023-Barbadás-Teatro "Roedores" - 20/12/2023
O mércores 20 de Decembro actuación do grupo REDRUM TEATRO co espectáculo “ROEDORES”, será ás 19h. na Sala Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de Nadal.
Sinopse:
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido gato Beche. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas fanos especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”
Roedores é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda a infancia achegarase a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos…
E comprenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da propia aceptación.
Día: Mércores 20 de Decembro.
Hora: 19h.
Lugar Sala da Casa da Cultura Manuel María | Barbadás.
Evento: Teatro
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Cartel Roedores_2023

Cultura, Eventos

CONTENT.1708716871

SINGLE.1708716871