11/12/2023

Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono Deporte

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a Orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes, do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos

-Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas do Bono deporte o pai ou nai, titor/a ou persoa que teña en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos un menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento da solicitude, federado ou inscrito no programa Xogade, e que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 das bases reguladoras.

O identificador Xogade ou o número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos deberá estar emitida durante 2023, e o menor deberá continuar no programa Xogade ou ter licenza deportiva federada no momento da descarga do bono.

2. As axudas entenderanse preconcedidas coa descarga dos bonos polas persoas beneficiarias.

-Actividade subvencionable

Por medio desta orde subvenciónase a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa, segundo o establecido no artigo 10 das bases reguladoras e nas condicións e datas fixadas nelas.

-Data de descarga dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro dese ano. Non obstante, se antes do 29 de febreiro de 2024 se esgota o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento finalizaría o prazo de descarga.

-Alta dos establecementos adheridos ao programa

Os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos que desexen adherirse ao programa Bono deporte deberán rexistrarse na web www.bonodeporte.gal

O prazo para adherirse ao programa será desde o día 12 de decembro de 2023 ata o 30 de decembro de 2023.

-Importe

Para a concesión destas axudas destinaranse 16.120.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.02.441A.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Cada bono terá un valor de 120 € e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, IVE incluído. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento e durante o prazo de validez establecido no artigo 16.3 das bases reguladoras (desde a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo).

Data Adxuntos
11/12/2023 Programa Bono Deporte PDF [437 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1718355366

SINGLE.1718355366