05/07/2023

Programa de subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde  da Consellería da Promoción do Emprego e Igualdade do 28 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR880A).

Persoas, entidades beneficiarias e requisitos

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas,  e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego, previstos no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia  que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021.

As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.

b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ter presentadas, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.

d) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de presentación da solicitude.

e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social para obter subvencións.

g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

2. Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtivesen resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30 de setembro).

 Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento ás persoas traballadoras autónomas e ás pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2023.

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, e a súa competitividade e, en definitiva, manter empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data da presentación da solicitude (código de procedemento TR880A).

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará  o día 6 de xullo de 2023 e estará aberto ata o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Data Adxuntos
05/07/2023 Subvencións para iniciativas de emprendemento PDF [862 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1721433671

SINGLE.1721433671