26/07/2021

Programa Cultural de Verán

Cartel O Sonoro Maxín

REAOU
Rede de Auditorios Provincial de Ourense
O xoves 29 de xullo unha nova actuación dentro da Rede de Auditorios Provincial de Ourense coa actuación de O SONORO MAXÍN que nos presenta “DE NAVALLAS E CUMBIAS”, será ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá (Barbadás)
O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro daquel ano. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, nos que compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.
Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva.
Xéneros: Verbena, música de baile
Duración: 75 minutos
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Verbena-Fusión-Rap
Organiza: Concellaría de Cultura de Cultura de Barbadás.
Patrocina: Deputación Provincial de Ourense.

Cultura, Eventos

CONTENT.1728660694

SINGLE.1728660694