31/05/2021

“Programa Reactiva Mulleres Ourense”

Mais información no teléfono 988 391 110 ou no enderezo electrónico reactivamulleres@ceo.es

Trátase dun programa, dirixido a mulleres desempregadas, financiado pola Deputación Provincial de Ourense, que suma 15 horas de formación distribuídas en cinco sesións (luns a venres).

O obxectivo fundamental do programa é apoiar a mulleres desempregadas que necesiten reincorporarse ao mercado laboral ao atoparse nunha situación de vulnerabilidade derivada, fundamentalmente, da perda do seu emprego durante a crise derivada da COVID-19, levando a cabo unha serie de actividades que doten ás participantes de habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego e desenvolverse mellor nun posto de traballo nun entorno competitivo.

Levarase a cabo de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a inscrición previa abrindo o seguinte enlace:  https://forms.gle/woGyJpyr8L1jcrZ38

Ourense

 

7-11 de xuño

 

10.00- 13.00 horas

Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín.

Data Adxuntos
31/05/2021 PROGRAMA_Reactiva_Mulleres PDF [826 KB]

CIM-Centro de Información á Muller, Cursos, Igualdade

CONTENT.1733944429

SINGLE.1733944429