04/06/2026
Programa Responsabilízate de asesoramento para pemes e persoas autónomas

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das bases reguladoras e da convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate, quinta edición (código de procedemento TR320B).
Responsabilízate ofrece asesoramento 100 % gratuíto destinado a apoiar as pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.
O programa ofrece:
- Análise de estado, potencial competitivo e situación da sostibilidade da empresa.
- Formación en liña “Fundamentos ASG para empresas” (15 horas).
- Asesoramento e formación personalizados.
- Definición dun plan de acción, acompañamento na implantación das primeiras accións e seguimento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social e que conten con algún centro de traballo en Galicia
Prazo para presentar as solicitudes
O prazo estará aberto desde o día 3 de xuño e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria.