05/11/2021
Programación 25N – Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller
Para mais información: CIM Barbadás 988222251
16 DE NOVEMBRO
Reunión da Mesa de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero.
Terá lugar a primeira reunión de seguimento da Mesa, despois de ser constituída o pasado mes de abril como ferramenta de coordinación entre as diferentes institucións implicadas na prevención, abordaxe e tratamento da violencia de xénero no ámbito municipal de Barbadás. Forman parte da Mesa representantes do ámbito educativo, sanitario, das forzas e corpos de seguridade, da Subdelegación do Goberno en Ourense, así como persoal municipal das diferentes áreas implicadas na abordaxe da violencia de xénero, concretamente CIM e servizos sociais
19 DE NOVEMBRO
Obradoiro “Humor e machismo”
Actividade dirixida aos mozos e as mozas a partires de 14 anos. Trátase dun obradoiro de carácter lúdico e práctico para analizar a transmisión de condutas machistas a través do humor e analizar deste xeito a socialización audiovisual entre a mocidade, co obxectivo de xerar un debate acerca do humor machista, saber identificar quen o executa hoxe en día e demostrar como está presente nos/as referentes da súa xeración, ofrecendo unha visión crítica dos seus ídolos, así como do contido de internet e das redes sociais coa finalidade de debater sobre os límites do humor e o seu contexto social
Lugar: Casa da Mocidade
Hora: de 17:00 a 20:00h
24 DE NOVEMBRO
Mesa redonda “Procesos de atención ás vítimas da violencia de xénero”
Interveñen:
- Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen falará acerca dos recursos institucionais que ofrece a Xunta de Galicia, en concreto a Secretaría Xeral de Igualdade, para a prevención, a abordaxe e o tratamento da violencia de xénero e en concreto das axudas e prestacións coas que contan as mulleres vítimas da violencia machista en Galicia
- Mª Aliga Iglesias Gil, Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do goberno en Ourense, quen falará da atención das forzas e corpos de seguridade ás vítimas da violencia de xénero
Lugar: CIM Barbadás
Hora: 12:00h
25 DE NOVEMBRO
Acto institucional. Lectura de manifesto fronte á violencia de xénero
Lugar: Casa do Concello
Hora: 12:00h
27 DE NOVEMBRO
Obradoiro de autodefensa e relaxación para mulleres
Obradoiro dirixido a mulleres, de tres horas de duración e organizado en colaboración con +Deporte do diario La Región. Trátase dunha actividade que ten como obxectivo dar a coñecer e practicar, por unha banda, diversas técnicas de autodefensa persoal e por outra, nunha segunda parte, técnicas de autorelaxación coa finalidade de crear un espazo seguro para o aprendizaxe e para a autoprotección
Lugar: Polideportivo municipal
Hora: de 10:00 a 13:00h
30 DE NOVEMBRO
Obradoiro “Eu mesma, co meu mecanismo!”
Trátase dun taller de tipo práctico, vivencial e participativo que ofreza ás mulleres participantes a posibilidade de crear un tempo e un espazo para repensarnos como mulleres, dende ideas que nos axuden a acomodarnos ao mundo e entendernos dende a nosa biografía, entendendo así as posibilidades de ser mulleres diversas, con historias de vida diversas e traballar sobre a idea de diversidade, de entendernos como diferentes e propiciar actitudes comprensivas cara outras mulleres, traballando así a sororidade.
Lugar: CIM Barbadás
Hora: 10:00 a 13:00h