04/03/2022
Programación 8M – Día internacional da muller
Barbadás, 365 días pola igualdade

- OBRADOIROS RISOTERAPIA
Lugar: Locais sociais do concello de Barbadás
Dende o 14/02/2022 ata o 09/03/2022
Esta actividade ten a finalidade de promover a creación de redes de apoio entre as mulleres do concello mediante actividades lúdicas que favorezan o seu crecemento persoal, neste caso mediante a risa, como ferramenta para favorecer o seu empoderamento.
Celébrase un obradoiro de risoterapia en cada unha das asociacións veciñais do concello (dez sesión en total) co obxectico de crear grupos e redes de apoio entre mulleres, fomentando a organización de actividades que supoñan a creación de espazos para que poidan compartir e desfrutar de sí mesmas e de coñecerse, así como a súa vez dinamizar ás zonas mais rurais do municipio
- CICLO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
Lugar: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e CPR Luis Vives
Dende o 16/03/2022 ata o 31/03/2022
Dende a Concellería de Igualdade cremos que o traballo nos centros educativos de referencia para os/as menores no noso concello é imprescindible e debe ser contínuo, xa que só a través da coeducación se acadarán os logros desexados no camiño da consecución dunha sociedade mais xusta e igualitaria
Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas de 6º de Primaria e adolescentes de 4º da ESO para achegarlles un marco conceptual axustado á realidade e adaptado a súa idade baseado na igualdade e non discriminación, no bo trato en contraposición á violencia de xénero, no coñecemento e respecto á diversidade de identidades e na identificación e erradicación dos micromachismos e do sexismo coa finalidade de proporcionar aos rapaces e ás rapazas de ferramentas para protexer a súa saúde física, sexual e emocional
- 8 MARZO: Acto conmemorativo Día Internacional da Muller
Lugar: Inmediacións da rotonda da familia – A Valenzá
Participa o alumnado de 6º de Primaria dos centro educativos do concello e colabora a EMMB (Escola Municipal de Música de Barbadás)
- TEATRO “NABIZA GIRL”
Data: 18/03/2022
Lugar: Auditorio Casa da Cultura Manuel María
Hora: 20:30h
Actuación teatral protagonizada por Isabel Risco para conmemorar esta data dun xeito ameno e lúdico, dende o humor e a retranca
- OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL
Data: Pendente de confirmación de data para o mes de abril
Lugar: Casa da Mocidade
Obradoiro no que se ensinarán e practicarán diversas técnicas de autodefensa feminina coa finalidade de crear un espazo seguro para a aprendizaxe e para a autoprotección
- PROGRAMA ROSALÍA
Programa de activación para o emprego dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade
Mais info: CIM Barbadás – 988222251
Coa finalidade de proporcionar ás mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade ferramentas para a súa orientación persoal e profesional e traballar de xeito personalizado na elaboración de itinerarios e acompañamentos no proceso de inserción laboral asi como tamén traballar aspectos persoais relacionados coa situación de vulnerabilidade concreta de cada unha das participantes
Este programa organízase e densolvese dende o CIM e está previsto que arranque no mes de marzo. Estará dirixido fundamentalmente ás usuarias do CIM e de Servizos Sociais Municipais quedando a criterio do persoal técnico destes departamentos a derivación das mulleres participantes no dito programa
CIM-Centro de Información á Muller, Igualdade, Novas, Servizos sociais