18/02/2020

Programación con noviadades no Entroido 2020

A FESTA DE DISFRACES INFANTIL, O VENRES DE COMADRES E A CREACIÓN DE PREMIOS E CATEGORÍAS ESPECIAIS SERÁN AS PRINCIPAIS NOVIDADES DO ENTROIDO DE BARBADÁS

O cambio do itinerario do desfile do colexio O Ruxidoiro e a incorporación ao desfile do do colexio Filomena Dato do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas son outros aspectos novidosos do ano 2020

  • A programación do Entroido de Barbadás na edición de 2020 inclúe unha serie de novidades que tentarán dinamizar un dos carnavais máis senlleiros da provincia de Ourense.
  • Dende o luns 10 de febreiro desenrólanse nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato obradoiros de compadres e comadres coa dinamización de Sabela Gago.
  • Os/as escolares estrearon unha nova ubicación na que se desenrola o Xoves de Compadres e este xoves día 20 o de Comadres: a praza da Valenzá vella, un espazo singular no que nenos e nenas disfrutan escenificando esta cita entroideira.
  • Outra das novidades foi a elaboración do meco e da meca por parte das asociación de pais, nais e alumnos dos centros de ensino, que serán colgados o venres día 21.
  • Despois do Xoves de Comadres, os/as alumnos/as serán os protagonistas dos tradicionais desfiles de Entroido polas rúas da Valenza o venres día 21.
  • Unha das novidades desta edición entroideira será o feito de que o alumnado do colexio O Ruxidoiro cambiará o seu itinerario e en lugar de ir ata a capela do pobo das Lamas irá desfilando pola avenida de Celanova ata a altura da rúa Porto do Río (hora de inicio do desfile dende o centro escolar: 11,30).
  • Pola súa banda, e no referente ao desfile dos/as escolares do colexio Filomena Dato, terá como elemento innovador respecto a edicións anteriores a incorporación do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas, que ten a súa sede na rúa do mesmo nome, na Valenzá (hora de inicio do desfile Filomena Dato e Centro As Burgas: 13,00 horas).
  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentaba esta mañá na presentación oficial da programación do Entroido que outra das novidades é a organización do Venres de Comadres, coa reunión nunha cea no local de Fonval de mulleres de todo o municipio para dar a benvida ao Entroido.
  • O venres á noitiña o pistoletazo oficial do Entroido será na Glorieta da familia ás 20,00 horas coa animación da charanga “Mekanica” e o pregón a cargo das “Mulleres da farándula”.
  • O domingo 23 de febreiro terá lugar a xa tradicional ruada polos pobos do municipio a cargo da charanga “Os Escachapeitos”.
  • Marga Pérez destaca como novidade a festa infantil e concurso de disfraces infantil no parque da Solaina, no que haberá animación musical, desfile amenizado por unha presentadora que irá describindo a posta en escea dos/as nenos/as que participen e posterior entrega de premios.
  • A edil de Cultura anunciou que este ano incrementarase a seguridade para que as persoas que desfilan o Martes de Entroido “poidan lucir mellor os seus difraces e facilitar a posta en escea”.
  • Pérez fixo unha invitación a participar e acudir a Barbadás o Martes, “tendo en conta que o Entroido do noso concello é un referente a nivel provincial” e anticipou que , “tendo en conta as inscricións ata estes momentos imos superar a participación de anos anteriores”.
  • Ademais dos tradicionais premios para comparsas, carrozas, parellas/tríos e individuais, creáronse este ano 3 novas categrorías oficiais: ao deseño, á animación e á mais numerosa.
  • O premios oscilan entre os 100 e os 900 euros, mentras que os especiais terán unha contía de 200 euros.
  • Nas categorías infantís establécense 3 apartados: de 0 a 5 anos, de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos. Recibirán un único premio por cada categoría de un bono agasallo de 200 euros para merar en librarías e xogueterías do concello.
  • O peche do ciclo do Entroido en Barbadás será o Mércores 26 de febreiro co inicio do desfile fúnebre ás 20,30 do inicio da Valenzá ata a praza da zona antiga, onde se queimarán os mecos. Tamén na queima dos mecos haberá novidades e sorpresas.
  • Na presentación da programación oficial do Entroido estiveron Marga Pérez, concelleira de Cultura, Victoria Morenza, tenente alcaldesa e Elisabet González, concelleira de Igualdade.

Cultura, Novas

CONTENT.1733597028

SINGLE.1733597028