28/08/2021
Programación cultural de setembro
Maxia, circo e clown para todos os públicos
BARBADÁS AMPLIA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DURANTE O MES DE SETEMBRO
Maxia, circo e clown conforman o programa de ocio para as vindeiras semanas
- O Concello de Barbadás amplía a programación cultural de verán durante todo o mes de setembro.
- A Concellería de Cultura programa unha serie de actividades dirixidas ás familias: espectáculos de maxia, clown e circo en diferentes escenarios.
- O xoves 2 de setembro O Mago Antón ofrecerá en diferentes funcións o espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”. O espectáculo poderá disfrutarse en diferentes horarios: 12 do mediodía, 13,00 horas, 17,00, 18,00, 19,00, 20,00 e 21,00h.
Estas funcións desenrolaranse no “tráiler” do mago no Paseo dos Amieiros.
- A compañía Hum&Ous ofrecerá o espectáculo de clown “Cartoons” no Parque dos Patos ás 19,30 o xoves 9 de setembro.
- O circo será o protagonista o 16 de setembro a cargo de Assirecópatas co espectáculo “Adracadáver” tamén en horario de 19,30 horas.
- O broche final da programación do Verán Cultural en Barbadás será o día 23 coa posta en escea de “Oh-Pera” a cargo de Circo Chosco.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Marga Pérez, destacan a oportunidade que terá a veciñanza para seguir disfrutando da cultura durante o mes de setembro.