14/09/2019
Programación da Semana da Mobilidade en Barbadás
A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE IMPLICARÁ EN BARBADÁS A REDUCCIÓN DE VELOCIDADE NA AVENIDA DE CELANOVA (A VALENZÁ) A 30 QUILÓMETROS POR HORA
Ao longo de toda a semana a Concellería de Educación programou actividades para concienciar á cidadanía da importancia da educación vial en idades temperás
Contacontos, visita ás instalacións de Protección Civil, patrullas de alumnos/as que emitirán multas solidarias e como colofón o venres instalarase un circuito ciclista infantil con xincanas, obradoiro de educación viaria e unha proba de habilidade cronometrada
- O Concello de Barbadás organizou unha programación de actividades para a celebración da Semana Europea da mobilidade, que se desenrolarán entre os días 16 e 22 de setembro.
- A finalidade desta planificación de actividades é concienciar á ciudadanía da importancia da educación vial dende idades temperás.
- A Semana da Mobilidade en Barbadás propiciará tamén o impulso da iniciativa do Camiño Escolar, cuxa execución comezou a implantarse hai varios anos, explica Marga Perez, concelleira de Educación.
- A primeira das actividades está programada para o luns 16 de setembro ás 12,30 horas. A casa de cultura Manuel María acollerá unha sesión de contacontos coa actuación de Sabela Gago dirixida a alumnado de 1º e 2º de primaria.
- O martes 17 de setembro deseñouse unha “Ruta da Mobilidade” ata as instalacións de Protección Civil cos/coas alumnos/as de 6º curso de Infantil para coñecer as funcións que desenvolven os voluntarios e voluntarias desta agrupación a favor da seguridade viaria.
- A programación da Semana da Mobilidade en Barbadás continuará o xoves 19 de setembro coa presenza na rúa de patrullas de alumnos e alumnos para emitir “Multas Solidarias”, unha actividade de educación viaria con alumnos de 6º de primaria para coñecer normas de circulación e concienciar a peóns e conductores/as.
- O broche final das actividades para promover unha mobilidade saudable e segura celebrarase o venres 20 de setembro na rúa Paseo dos Amieiros, onde se instalará un circuito ciclista infantil entre as 17,00 e as 20,00 horas.
- Este circuito ten como finalidade de de dar a coñecer as sinais de tráfico e as normas de educación viaria ademáis de ensinar a correcta utilización da bicicleta e a colocación do casco.
- O circuito ciclista incluirá as seguintes actividades:
- Xincana de adestramento con saltos, balancín, conos e xogos.
- Obradoiro sobre educación viaria
- Proba de habilidade cronometrada.
- Co obxecto de crear espazos máis amables e máis seguros para os peóns, a velocidade na avenida de Celanova quedará restrinxida a 30 quilómetros por hora durante a celebración da Semana Europea da Mobilidade (16-22 de setembro).