04/12/2021
Programación de Nadal do Concello de Barbadás

MAXIA, MÚSICA, DEPORTE, PATINAXE BAILE, CHARLAS, PRESENZA DE APALPADOR, PAPÁ NOEL E REIS MAGOS CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DE BARBADÁS
- A programación de Nadal do Concello de Barbadás inclúe actuación de música tradicional, presenza de persoaxes da tradición destas datas, patinaxe, charlas, ludoteca, maxia, deportes e baile.
- A sala Manuel María será escenario o día 17 de decembro do espectáculo “O Nadal máis máxico”, a cargo do mago José Rivera. Actividade programada pola mañá para escolares dos centros educativos.
- O sábado 18 de decembro na rotonda da familia ás 12,30 a música será a protagonista, coa presenza da Asociación Cultural San Mauro de Barbadás.
- O martes 21 de decembro nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, así coma no Centro ocupacional das Burgas acudirá Papá Noel nunha visita sorpresa a partir das 10 da mañá.
- O Espazo Infantil das instalacións municipais da Solaina acollerá a ludoteca de Nadal os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro, así coma os días 3, 4 e 5 de xaneiro. Esta actividade desenrolarase entre as 9 e as 14 horas.
- A Asociación cultural “Velai-vai de Bentraces actuará o mércores día 22 na glorieta da familia ás 18 horas.
- Ese mesmo día 22 ás 19 horas na sala Manuel María está programado un concerto do Grupo de cordas “Sen Contrastes”.
- O polideportivo acollerá o día 22 de decembro una masterclass de Nadal para adultos/as e cativos/as ás 19,30 horas.
- O día 23 de decembro están progamadas 4 actividades: ás 10 da mañá haberá torneo de fútbol prebenxamín de Nadal no campo de fútbol dos Carrís.
- Pola tarde ás 18 horas está previsto o concerto da Banda infantil da Escola de Música Municipal de Barbadás.
- Ás 7 da tarde dese mesmo día 23 de decembro será a “Visita do Papá Noel” na glorieta da familia. E a partir das 8 da tarde está prevista a animación musical polas rúas da charanga “Téquele”.
- A Casa da Mocidade (rúa dos Diestros) acollerá clases de baile moderno entre os día 27 e 30 de decembro.
- O colexio Filomena Dato será escenario os días 28 e 29 de decembro de un circuito de patinaxe: para menos/as de 3 a 8 anos entre as 16 e as 17 horas e a partir de 9 anos entre as 17 e as 18 horas.
- O campo de fútbol dos Carrís será escenario o mércores 29 de decembro do tradicional clinic de porteiros entre as 10 e as 14 horas.
- O día 29 de decembro pola tarde a Casa da Mocidade acollerá una charla de “ciberseguridade” a cargo de efectivos da Garda Civil.
- Ese mesmo día 29 a sala Manuel María acollerá ás 19 horas un concerto de clarinetaes da Escola de Música de Barbadás.
- O xoves 30 de decembro haberá deporte, música e “Apalpador”. Pola mañá celebrarase de novo clinic de porteiros no cmapo de fútbol entre as 10 e as 14 horas. Ás 18 horas está programado un concerto da Banda de gaitas “Nova Fronteira”.
- A partir das 18,30: Visita do Apalpador coa posta en escena de “O castiñeiro do Apalpador”, na sala Manuel María.
- O xoves 30 de decembro está prevista un ruta de patinaxe que partirá do Parque dos Patos ás 16 horas con destino a Vilaescusa pola senda peonil do río dos Muíños e dende ese punto hacia o polideportivo, en cuxa explanada haberá patinaxe libre.
- O luns 3 de xaneiro será o gran día para os/as nenos e nenas dos pobos do municipio porque os Reis Magos realizarán as tradicionais visitas a Sobrado, Loiro, Bentraces, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, Parada e Piñor.
- O luns 3 de xaneiro a Coral da Escola de Música de Barbadás actuará na rotonda da familia.
- O martes 4 de xeneiro no polideportivo está prevista a celebración de “Diverlancia 5.0” coa visita dos Reis Magos. Este evento está a expensas do protocolo covid do momento no que está programado. A cidadanía será debidamente informada das previsións respecto a Diverlancia.
- O martes 4 de xaneiro ás 20,30 o concerto de aninovo será a cargo da Banda xuvenil da Escola de Música de Barbadás na igrexa San Bernabé da Valenzá.