15/12/2020

Programación de Nadal

Actuación do Grupo Pedras de Cartón
Dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás, o martes 22 de Decembro, ás 18:30h. contaremos coa actuación do Grupo Pedras de Cartón que presenta a historia do “Lazarillo de Tormes” contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e Suso Jalda/Laura Sarasola abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez esta peza picaresca do imaxinario popular que ademais forma parte do currículo educativo nas escolas.
Mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2020.
Xéneros: Teatro / Duración: 50 min / Público Familiar.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Debido ás restriccións haberá só 30 localidades.
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1713585175

SINGLE.1713585175